A Xunta outorga os premios da rede de educación ao consumidor, ás teses de doutoramento e investigación e aos carteis, ilustracións e soportes audiovisuais sobre os dereitos dos consumidores

redacción GECG - 12/2/2010
A Xunta outorga os premios da rede de educación ao consumidor, ás teses de doutoramento e investigación e aos  carteis, ilustracións e soportes audiovisuais sobre os dereitos dos consumidores
Nava Castro salientou a importancia que para o Goberno galego ten fomentar a educación para o consumo responsable. Entre os 31 premiados repartíronse máis de sesenta e un mil euros. REMITIDA.

A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Casto, xunto ao secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, entregaron hoxe os premios que outorga a Xunta da rede de Educación ao Consumidor, ás teses de doutoramento e traballos de investigación neste eido e aos carteis, ilustracións e soportes audiovisuais sobre os dereitos dos consumidores. 

Entre os trinta e un galardoados houbo alumnos e alumnas de Escolas de arte e audiovisuais, de bacharelatos artísticos e investigadores, entre os que se repartiron 61.300 euros. 

Nava Castro salientou na súa intervención a importancia que para a nova Administración da Xunta ten a educación para o consumo, que “non so significa adquisición de coñecementos senón o desenvolvemento de habilidades e destrezas desde a nosa idade máis temperá”, de xeito que considerou fundamental o traballo que dende o IGC se está a desenvolver con toda a comunidade educativa, poñendo en marcha programas acordes aos diferentes niveis e etapas do ensino, en estreita colaboración coa Consellería de Educación. 

A directora xeral de Comercio insistiu na necesidade de incentivar a participación activa da sociedade en actividades orientadas a fomentar conductas de consumo responsables, unha labor que cómpre iniciar na escola, tal e como  establece a programación da Escola Galega de Consumo (EGC) para este ano 2010 dirixida a toda a poboación galega tanto no ámbito formal coma non formal.

Pola súa banda o secretario xeral de Universidades dixo que “os proxectos galardoados fan evidente o potencial que existe en Galicia e que nos permite creer que existen novas oportunidades, a pesar do difícil  momento económico polo que se está a pasar”. Díez de Castro resaltou que “non se pode esquecer que o sector comercial e de vital importancia para os sistema económico de España e en concreto de Galicia”

Mentres que o director xeral de Educación destacou que “o obxectivo común dos aquí presentes e promover a educaicón para o consumo responsable, entre os membros da  comunidade escolar” ao que engadiu que todo isto é básico para “a sociedade e representa un medio para avanzar cara a unha a unha cidadanía máis crítica, autónoma e consciente dos seus dereitos e responsabilidades”, ao que engadiu que o

Os premiados

Entre os galardoados once centros escolares que presentaron ás memorias dos proxectos da rede de educación para o consumo. Entre estes distribuíronse 38.500 euros en premios que van desde os 4.000 ata os 3.000.

Na categoría de teses de doutoramento no eido do consumo e traballos de investigación foron recoñecidas con sendos galardóns de 3.000 euros a dúas investigadoras de Universidade de Santiago. Tamén se concederon dous accésit de mil euros cada uno.

No apartado de carteis fotografías, soportes audiovisuais e ilustracións elaborados polo alumnado de escolas de arte, ciclos superior de deseño e produción editorial, bacharelatos artísticos así como ciclos superior de comunicación imaxe e son repartíronse un total de 14.800 euros. Neste apartado os proxectos premiados xiraron en torno a liberdade de información, e a situación do comercio e do consumidor na sociedade actual. 

Plan para o 2010

O Plan de Formación e Educación da Escola que depende do IGC para o ano 2010, conta con diferentes iniciativas neste eido nas que cómpre destacar actuacións como o programa de educación formal, dentro  do ensino regrado, o programa de educación non formal, o programa especifico para asociacións de consumidores e concellos e o programa  para profesionais do eido do consumo.  

Este plan inclúe mais de 300 actividades formativas e educativas, cunha previsión de asistencia de máis de 7.000 persoas, case un milleiro máis que o ano pasado. Ademais este ano por primeira vez as actividades serán realizadas non só pola escola, senón en colaboración con outros departamentos da administración autonómica, estatal e local e con outras entidades. Así mesmo, tamén e novidosa a apertura da oferta a outros colectivos como persoas con discapacidades, persoas mais desfavorecidas, inmigrantes,etc,

Por outra banda, a Consellería de Educación e a Consellería de Economía e Industria, a través do IGC, están a estreitar a súa colaboración coa posta en marcha de actuacións novidosas como a creación da páxina web da “Rede de Educación para o Consumo Responsable”, na que por primeira vez se conta coa participación das asociacións de consumidores e os concellos. 

Nava Castro clausurou o acto facendo chegar aos premiados os parabéns do Goberno galego por haber contribuído cós seus traballos a “mellorar a formación das novas xeracións como consumidores responsables, é dicir, como cidadáns preparados para actuar, nunha sociedade altamente tecnificada e cunhas relacións económicas complexas e cambiantes, na que a información e formación é o mellor aliado” .