O stand de Galicia, centro de atención de FITUR na xornada de presentación oficial do Xacobeo 2010

redacción GECG - 23/1/2010
O stand de Galicia, centro de atención de FITUR na xornada de presentación oficial do Xacobeo 2010
O Concello de Rivadavia, apoyado na súa recente presidencia da Rede de Xuderías de España en 2010, presentou os Camiños de Sefarad, Destino Turístico. Trátase dunha iniciativa que contribúe á especialización e ao desenvolvemento cualitativo do sector turístico do noso país. XUNTA.

 O pavillón de Galicia afrontou onte a terceira xornada de FITUR como centro de atención no que significou a presentación oficial do Xacobeo 2010. Ademais da presentación xacobea, agardada por todo FITUR, o salón de actos do stand de Galicia serviu de lanzadeira promocional para as ofertas turísticas de Ortigueira, Sanxenxo, e Ribadavia para o ano 2010. A Costa da Morte presentou a súa primeira Guía Turística conxunta e a secretaria xeral para o Turismo asistiu á Reunión Convenio España Verde na que se abordou a organización do plan de marketing da España Verde para o ano 2010.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela presentou o Cartel do Festival Celta de Ortigueira que nesta edición vincularase ao Xacobeo 2010. A localidade situada na zona das comarcas Ferrol e Ortegal, cuxas potencialidades e atractivos x aforan destacados onte en FITUR na presentación dos Productos Turísticos de Ferrol-Ortegal. A Xunta de Galicia, consciente da riqueza dos recursos da zona, ven invertendo na zona desde 2006 case 1,3 millóns de euros. O titular de cultura manifestou que “a alianza entre o Xacobeo e a organización do festival manifesta ás claras o interese e compromiso da Xunta de Galicia coa música en directo no noso país”.

A continuación, o conselleiro de Cultura interveu na presentación do Plan Operativo de Marketing Turístico de Sanxenxo organizado pola institución Turismo de Sanxenxo. Nela, Roberto Varela, celebrou o valor proio dos paquetes que definiu como un proxecto estratéxico, meditado e innovador para a dinamización turística do territorio, e o seu valor simbólico por situarse a “a escasos quilómetros do meu Meaño natal”. Roberto Varela lembrou o esforzo e traballo da Xunta na promoción do seu turismo cultural, as rutas e actividades en contacto coa natureza, e unha liña de impulso do turismo náutico e do patrimonio enogastronómico”.

A última presentación que promocionou o conselleiro in situ, correu a cargo do Concello de Rivadavia, debido a súa recente presidencia da Rede de Xuderías de España en 2010. Camiños de Sefarad, Destino Turístico, é unha iniciativa que contribúe á especialización e ao desenvolvemento cualitativo do sector turístico do noso país. O responsable de Cultura mostrou a súa satisfacción por poder promover un espazo que ostenta a “complementariedade entre os camiños de Sefarad e as rutas xacobeas” que converte en case natural “unha colaboración entre a Consellería e a Rede de Xuderías neste Ano Santo Xacobeo”.

Iniciativa pioneira

O conselleiro de Cultura e Turismo interveu tamén na presentación da Guía Turística dos establecementos rurais, restaurantes e hoteis da Costa da Morte, unha guía que, por primeira vez, promociona o extraordinario produto turístico da comarca coruñesa dunha maneira conxunta. O titular do departamento de Cultura mostrou asemade a súa satisfacción por poder promover e difundir a todo o mundo “un dos lugares máis emblemáticos de toda a península”.


España Verde

Por outra banda, no stand de Asturias, próximo ao pavillón galego, desenvolveuse unha presentación de transcendencia para os intereses de Galicia. Representantes das comunidades de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia reuníronse con Turespaña para abordar a organización do plan de marketing da España Verde para o ano 2010.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, interveu na reunión que comezou a sentalas bases para a planificación da España Verde en 2010.