Interesados en instalar un posto para o mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2010
redacción GECG - 19/2/2010
A asociación Veciñal e Cultural Casco Vello informa que a partir do luns día 18 de xaneiro os interesados que desexen instalar un posto para o mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2010, que se celebrará no seu barrio histórico o sabado 27 e domingo 28 de marzo, poderano facer solicitandoo no local da propia Asociación, sito na rúa Oliva 12 baixo, en horario de 11.00h a 13.30h e de 17.00h a 20.00h de luns a venres.
O prazo de inscrición remata o 19 de febreiro.
Un ano máis terán preferencia para instalarse as asociacións veciñais, colectivos de interese social, agrupacións folclóricas, agrupacións deportivas, artesans, autónomos e empresas, sempre por esta orde.
Para máis información sobre a inscrición no mercado da Festa da Reconquista poden contactar coa Asociación no teléfono 986-439799, no correo electrónico cascovellovigo@yahoo.es ou a través da súa páxina
web: www.avcascovello.com.
Para completar a información indicar que agardase incrementar o número de postos con respecto a anos anteriores xa que o número habitual de solicitantes era superior ao de postos posibles na limitada extensión da festa, polo que ao aumentar o espazo correspondente á festa neste ano o número de postos será maior que nos anos anteriores.
Asímesmo informar que xa está resolto o concurso de carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2010 que será a imaxe oficial deste ano e tanto o cartel como o gañador serán presentados oficialmente esta semana.