Inicio  >  Galicia  >  Galicia

O goberno galego aproba o decreto polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia

redacción GECG - 4/1/2012
O Consello da Xunta celebrado hoxe aprobou o Decreto polo que se fixa a estrutura
orgánica das consellerías da Xunta de Galicia. Unha nova estrutura adaptada ás
necesidades actuais, tendo en conta os criterios de eficacia, economía e austeridade
que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Así, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos
seguintes órganos de dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica.
2. Dirección Xeral de Xustiza.
3. Dirección Xeral de Administración Local.
4. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.
5. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
6. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
7. Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

As delegacións territoriais da Xunta de Galicia da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e
Vigo quedan adscritas organicamente a esta consellería; e, configuradas como órganos
de dirección, terán nivel orgánico de dirección xeral. Así mesmo, quedan adscritas,
tamén, a este departamento da Administración galega as delegacións da Xunta de
Galicia no exterior.

E, de igual xeito, o organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública, o
organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública e o ente público Axencia Galega de Emerxencias.

No que respecta á Consellería de Facenda, estruturarase nos seguintes órganos de
dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
3. Dirección Xeral de Orzamentos.
4. Dirección Xeral de Tributos.
5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
6. Dirección Xeral de Planificación e Fondos.
7. Dirección Xeral da Función Pública.

Quedan adscritos a esta consellería o Instituto Galego de Estatística, o organismo
autónomo Tribunal Galego de Defensa da Competencia, o ente público Centro
Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable, e o Consello
Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público e órgano consultivo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

1. Secretaria Xeral Técnica
2. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
3. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
4. Dirección Xeral de Infraestruturas.
5. Dirección Xeral de Mobilidade.
6. Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.
7. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Adscritos a esta consellería estará o ente público de natureza consorcial Axencia de
Protección da Legalidade Urbanística
, o organismo autónomo Augas de Galicia, o
organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, o ente público Empresa
Pública de Obras e Servizos Hidráulicos
, e o Xurado de Expropiación de Galicia, con
nivel orgánico de dirección xeral.

A Consellería de Economía e Industria estruturarase nos seguintes órganos de dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica.
2. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
3. Dirección Xeral de Comercio.
4. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Quedan adscritos a esta consellería o organismo autónomo Instituto Galego de
Consumo
, o ente público Instituto Galego de Promoción Económica e o ente público
Instituto Enerxético de Galicia.

No tocante á estrutura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, contará cos seguintes órganos superiores e de dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica.
2. Secretaría Xeral de Cultura.
2.1 Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
3. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
4. Secretaría Xeral de Universidades.
5. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
6. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Adscritos a este departamento da Xunta estará a axencia pública Axencia Galega das
Industrias Culturais
, e o ente público Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e
Avaliación da Formación Profesional
.

A Consellería de Sanidade estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica.
2. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Estará adscrito a esta consellería o organismo autónomo Servizo Galego de Saúde.

Polo que respecta á Consellería de Traballo e Benestar, conta co seguintes órganos
superiores e de dirección:

1.Secretaría Xeral Técnica.
2.Secretaría Xeral de Política Social.
3. Dirección Xeral de Relacións Laborais.
4. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.
5. Dirección Xeral de Formación e Colocación.
6. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Quedan adscritos a esta consellería o organismo autónomo Instituto Galego de
Seguridade e Saúde Laboral
e o Consello Galego de Relacións Laborais, ente
institucional de dereito público, e órgano consultivo.

Por último, a Consellería do Medio Rural e do Mar estruturarase nos seguintes órganos
superiores e de dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica.
2. Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes .
2.1 Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
2.2 Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.
3. Secretaría Xeral do Mar.
3.1 Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria.
2. O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
3. O ente público Instituto Galego de Calidade Alimentaria.
4. O ente público Portos de Galicia.
5. O ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.

A Dirección Xeral de Infraestruturas e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe
quedarán suprimidas coa entrada en funcionamento da Axencia Galega de Infaestruturas
e do Organismo Autónomo Instituto de Estudos do Territorio, respectivamente.

Así mesmo, o Organismo Autónomo Augas de Galicia e o Ente Público Empresa Pública
de Obras e Servizos Hidráulicos quedarán extinguidos coa entrada en funcionamento da
Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia.

Os órganos dos departamentos territoriais das consellerías suprimidas dependerán das
consellerías resultantes da nova organización, de acordo coas súas respectivas
competencias e manterán a súa estrutura e funcións, regulada nos correspondentes
decretos de estrutura orgánica, ata que se proceda ao desenvolvemento da estrutura
contida neste decreto.
 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com