Inicio  >  Sociedad  >  Cultura

Cinderela Mix, un xogo con esa historia que todos coñecemos

redacción GECG - 19/12/2011
Cinderela Mix, un xogo con esa historia que todos coñecemos
Este Nadal, o máis recente espectáculo da compañía Artello, estará en A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.

Cinderela Mix é unha visión moi particular sobre o conto da Cincenta, que ven sorprendendo ao público desde a pasada primavera pola súa posta en escena, imaxinativa ao tempo que sinxela.

Chisco, Mucha e Moncho son tres limpadores que empezan unha nova xornada de traballo. Porque as fregonas falan en verso? Porque os pés discuten entre eles? Que se agocha tras esa pequena xanela? Porque asubía o papel de cociña...? Hoxe vense engaiolados nunha historia que lles leva a mesturar, a enredar, a compartir, a xogar. Pero se están no conto da Cincenta! Pois claro. É que Cinderela Mix é un xogo con esa historia que todos coñecemos.
Coa maior sinxeleza, empregando os seus trebellos de limpar, o propio corpo e as sombras, Chisco, Mucha e Moncho xogan a encarnaren os diferentes personaxes.

As súas miradas cheas de ilusión, de tenrura, de poesía, de cor, de música, de humor, estimulan a imaxinación do espectador, conseguindo a cumplicidade e diversión tanto de cativos como de adultos.

As actuacións terán lugar en:

Lugar: A CORUÑA
Data: Luns, 26 de decembro
Hora: 19'00 horas
Espazo: Forum Metropolitano


Lugar: SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: Martes, 27 de decembro
Hora: 19'00 horas
Espazo: Salón Teatro


Lugar: OURENSE
Data: Venres, 30 de decembro
Hora: 17'00 horas
Espazo: Teatro Principal

Cinderela Mix está pensado para o desfrute de pequenos e maiores (recomendado a partir de 4 anos). Duración: 55 minutos.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com