Día de calor, pero también de emociones y sentimientos a flor de piel en Soutelo, Forcarei. Los sonidos de la gaita y los bailes fueron creando ambiente este sábado. La banda de Gaitas ‘A Buxaina’ de Taragoña, Rianxo con una pandereteira de tres años, la banda de la ‘Asociación Galega Corredor do Henares’, la simpatía y complicidad con el público de ‘Lume na Lareira’ –si lo hago bien me aplaudis y, si lo hago mal, también, dijo el lider del grupo a un público que llenaba ya las gradas antes de media mañana-, en la plaza del Gaiteiro, cubierta con una enorme carpa. Este año engalanada con alfombra roja en la entrada, jardineras, esculturas y asi como con una mesa repleta de regalos.
Las autoridades fueron llegando a partir de las 12.30 horas, mientras actuaba ‘O Fiadeiro’. Música, danza, ¡todo un espectáculo de color, sonido y belleza plástica! Las sillas del salón de plenos –trasladadas para la ocasión a la plaza- se fueron llenando con las autoridades. La presidenta del Parlamento Pilar Rojo Noguera también acudió al evento. Por supuesto el pregonero José Luis Barreiro Rivas y el ‘Embajador’, el empresario José Manuel Otero Alonso. De los más madrugadores fue el conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que vivió con intensidad los actos.
El alcalde, David Raposeiras, actuó como un buen anfitrión y fue recibiendo y presentando a todos acompañado de su mujer, Ana. Y en la fila posterior miembros de la corporación muncipal. Se notaba en el ambiente que se asistía a una edición especial de la Festa do Gaiteiro preparada de antemano este año con presentaciones en cuatro ciudades (Madrid, Vigo, Ourense y Santiago de Compostela).
Tras las músicas las medallas oficiales del Gaiteiro. Primero al escritor y politólogo, José Luis Barreiro Rivas que más tarde proclamaría el pregón de la fiesta.
La medalla del Gaiteiro para un músico local recayó este año en Ramiro Cortizo Taboada, conocido por ‘o capador de Muras’. Un gaiteiro autodidacta, apasionado de la música de la gaita. Se vio en él que encarna el espíritu del gaiteiro ‘pícaro y moceiro’, pasando por ser el arquetipo del gaiteiro tradicional. Cortizo entró con la gaita como si fuera una bandera y tras recibir la medalla quiso tocar acompañado del grupo Lume na Lareira. Se notaba que disfrutaba con la gaita.
La tercera medalla oficial del Gaiteiro se le entregó al grupo Gadis. En ausencia del señor Tojeiro, recogió la distinción Antonio Cortés, director de marketing del grupo. La intención de la corporación de Forcarei fue premiar a Gadis que en sus campañas hizo del gaiteiro un símbolo de toda Galicia.
La Asociación Xuntaza de Alcobendas-Madrid, creada en 1988, también recibió la medalla oficial del Gaiteiro que recogió su vicepresidente, Fernando Gómez y el profesor José Carracedo Pousada.
Otro momento muy emotivo fue la intervención de Manuela Cortizo Medal, a pandereteira de Barro, que cantó coplas que oyó a los gaiteiros de Soutelo.
Y llegó el pregón. Barreiro Rivas se inspiró en un verso de Avelino Cachafeiro que calificó de “testamento a Galicia” para escribir el pregón. El verso lo contextualizó en un momento en que al viejo gaiteiro ya no le obedecían los dedos y hablaba así con su instrumento: “Os meus dedos non acertan / pra volver contigo falar. / Eu vello e ti sempre moza…”. De aquí Barreiro Rivas extrajo conclusiones como que las gaitas son siempre nuevas y que los gaiteiros de hoy son los mejores de la Historia. Un pregón muy positivo y esperanzado para la música tradicional, intentando interpretarlo desde el espíritu de Avelino Cachafeiro. Además este forcaricense escritor y politólogo aprovechó también el pregón para reclamar que se designe la Festa do Gaiteiro como fiesta de interés turístico gallego.
El empresario José Manuel Otero Alonso, natural de Soutelo, presidente del Grupo Puentes y Calzadas, se emocionó al ser investido primer ‘Embajador’ de la Festa do Gaiteiro. Otero recibió diploma y medalla, después el fajín o ‘faixa’ de gaiteiro con el escudo del Concello y una gaita. En su discurso manifestó sentirse “tremendamente honrado, orgulloso y un poco emocionado” al recibir este nombramiento con sus atributos. Y añadió, con modestia, “no estar preparado para esta encomienda”. Y concluyó, rendido ante el nombramiento, con un “tocaremos la gaita donde haga falta”.
La presidenta del Parlamento, Pilar Rojo Nogera, también se dirigió a los presentes. “Por fortuna, la música, y si es de gaita mejor aún, fue desde siempre un elemento de concordia entre las personas. Concordia que aspiro a alimentar con mimo, cada día, desde el Parlamento de Galicia, institución que me honro en representar y que ansia, a diario, una Galicia mejor y con más oportunidades para todos”. Y añadió que “los gaiteiros vuelven a tener su Olimpo en la tierra, na nosa terra, tierra de gaiteiros de una calidad excepcional”. Rojo recibió una escultura de los gaiteiros de serie limitada del escultor José María Barreiro que estaba presente en el acto.
Para finalizar la intervención de la Banda de Gaitas de Forcarei con el himno gallego.
Por la tarde, el público llenó otra vez la carpa de la plaza de Os Gaiteiros para asistir al concurso de gaiteiros solistas, que ganó el ourensán Pablo Devigo.
No faltó, durante la deliberación del jurado, la actuación del Rancho Folclórico de Vila de Prado, de Vilaverde, Portugal.
Pregón da Festa do Gaiteiro (texto íntegro)
Soutelo de Montes, 21 de agosto de 2010
XOSÉ LUÍS BARREIRO RIVAS
Se Avelino Cachafeiro estivera entre nós, ou se o son da súa gaita o fixera rexurdir por uns intres “na longa gaiola do vento”, haberíanos de sorprender con unha afirmación que ninguén se atreve a facer, pero que il formularía como un apotegma irreversible e necesario: “Os gaiteiros de agora son mellores que os de antes”.
En 1924, en pleno rexurdimento do galeguismo que desembocou na II República, Avelino Cachafeiro fora proclamado en Santiago como “o mellor gaiteiro de Galicia”, que é o mesmo que dicir “o mellor gaiteiro do mundo”. E coa sona de ser o máis garrido, o que facía máis brillantes e afinados preludios, o que mellor repenicaba o punteiro, e o primeiro que fixo con un buxo furado unha escala cromática “en ascenso e descenso”, emprendeu unha xira triunfal que levou a música galega aos prestixiosos escenarios de Buenos-Aires, Montevideo, Madrid e Barcelona; que hoxe son coma xoias; e que, tras iniciar unha inesperada retirada no intre en que estaba invitado a tocar na Olimpíada de Berlín, converteu ao Gaiteiro de Soutelo nun mito perdurable co que ninguén se atreve a comparar.
Pero ao Gaiteiro de Soutelo houbéralle gustado saber que os gaiteiros de agora estudan en magníficos conservatorios; que teñen técnicas avanzadísimas no manexo do fol e do punteiro; que comparten con mestría outros instrumentos tan complexos como o piano, o violín ou o saxofón; que tocan en solitario, en dúos, en agrupacións clásicas e modernas, ou integrados en enormes bandas; e que conseguen facer música-fusión na que a gaita se fai servir, ademais de por moitos instrumentos clásicos, por percusións e teclados electrónicos de grandes posibilidades e de modernísima feitura. E quizá por elo, e antes de soñar sequera cos conservatorios, o Gaiteiro de Soutelo escribiu aquel epigrama xenial: “Galicia de Breogán, / moitas igrexas tes / e poucas escolas che fan”.
A Avelino Cachafeiro tamén lle gustaría saber que nun mundo no que hai mais universitarias que universitarios, e no que se fan máis xuízas que xuíces, máis funcionarias que funcionarios, e máis médicas que médicos, tamén empeza a haber máis gaiteiras que gaiteiros, e que, como en tantas outras cousas, as mulleres de Galicia colleron o relevo dos homes na tarefa de conservar a cultura, a música e o idioma que nos da identidade e nos converte en algo distinto de tódolos outros países cos que convivimos, aos que nun día emigramos, e aos que hoxe acollemos no cambio da xeira migratoria europea.
O Gaiteiro de Soutelo estaría orgulloso de comprobar que a música galega está internacionalizada; que acude a festivais que -celebrados en Galicia, ou na Bretaña, ou en Gales- reúnen a músicos de prestixio mundial que buscan nos seus comúns devanceiros a excelsa policromía da súa diversidade. E, deixando a un lado a nostalxia que tanto nos atafega, e esa morriña que sempre nos facía roldar en torno ás nosas limitacións e necesidades, afastaríase do dito e do pensamento de que “calquera tempo pasado foi mellor”.
En Galicia, grazas a Deus, á autonomía democrática e aos esforzos colectivos que mesturan de xeito sutil a músicos e contribuíntes, a realidade dos nosos tempos anúnciase exactamente ao revés. E do mesmo xeito que proclamamos que temos mellor viño, mellores froitas, mellor arquitectura, mellores médicos e enxeñeiros, mellores escritores, mellores mozos e mozas, mellores estudantes, mellor xamón e mellor pan do que nunca tivemos, tamén temos mellores gaiteiros que nunca, máis gaiteiros que nunca, máis diversidade estética e máis calidade que nunca, e máis capacidade para actuar e competir en concertos e festivais da que nunca puidemos soñar.
E por iso, lonxe de chantar o meu pregón na nostalxia do grande Gaiteiro de Soutelo de Montes, quero proxectar a miña admiración sobre os excelentes músicos galegos das novas xeracións, e imaxinar o que diría Avelino Cachafeiro se vira tocar a Carlos Núñez, a Budiño, a Susana Seivane, a Cristina Pato, á banda de gaitas da Deputación de Ourense, á Banda de Gaitas de Forcarei ou a enorme cantidade de gaiteiros que compoñen os grupos e fan as músicas máis diversas en grado e calidade do que puideron imaxinar os vellos gaiteiros de Soutelo, Penalta, e Ventosela xuntos.
A Avelino Cachafeiro tamén lle gustaría ver como en tempos de poder e abundancia, os mozos de agora tampouco van deixar morrer as cantigas impostadas das pandereteiras, que os vellos interpretaron e soportaron como efectos da miseria que nos impedía comprar máis acordeóns e máis clarinetes, e que nos reinterpretamos como expresións dunha identidade cultural irrenunciable á que serven hoxe non só os labregos que se xuntaban nas famosas ruadas de Loureiro, Liñares ou Gaxín, senón tamén mozos e mozas universitarios, e grandes profesionais e estudosos do folclore a da antropoloxía que levan á radio, á televisión e ás grandes prazas e escenarios das vilas e cidades galegas a música que antes serviu para bailar nas eiras durante o verao e nas palleiras durante os invernos.
E compre que afirmemos tamén, porque iso sería o que Avelino Cachafeiro diría se estivera aquí, que tamén as pandereteiras de hoxe son mellores que as de antes, que teñen mellores instrumentos e mellor formación, e que é precisamente por iso polo que poden experimentar formas, e ensaiar modelos, que máis se parecen aos grandes coros sinfónicos que ás humildes troulas que argallaban nas aldeas na mocidade dos meus pais.
O feito de que estarmos na XXXI edición da Festa do Gaiteiro indica o acerto que tivo o Concello de Forcarei ao utilizar a memoria de Avelino Cachafeiro, nesta súa vila de Soutelo de Montes, para loar e celebrar aos gaiteiros e á súa música en tódalas derivadas. E por iso compre que fagamos unha breve explicación de por qué os gaiteiros de antes seguen tendo tanta sona nos nosos días.
Na historia da gaita galega Avelino Cachafeiro marca o cume divisorio entre dous tempos, separados entre si pola “longa noite de pedra” do franquismo, na que unha parte importante da nosa música tivo que recompoñerse en estrañas alianzas co “Réxime” ou en contacto coas culturas da emigración galega en Europa e América.
Na quenda dos gaiteiros clásicos, que tocaban sos, coa axuda arrendada dun tamborileiro e un bombo, ou que facía excelentes cuadrillas de dous gaiteiros, un pandereteiro ou pandereteira, un tamboril e un bombo, aos que a veces lle engadían dúas voces “ad libitum”, o Gaiteiro de Soutelo é a cima insuperable. E así o cantou García Barros para perpetua memoria: “Toca gaiteiriño toca, /meniñas correi a velo / que é moita gaita a gaitiña / do gaiteiro de Soutelo”.
Pero precisamente por iso, porque foi capaz de subir o curuto máis alto daquela técnica instrumental que se adquiría gurrando co punteiro á raxeira dos prados ou á sombra dos castiñeiros, Avelino Cachafeiro abriu a quenda dos gaiteiros modernos, que son feitos na escola, que posúen instrumentos extraordinarios, que fan as súas agrupacións con imaxinación e liberdade absoluta, que mesturan a música cunha ampla actividade cultural e investigadora, e que tanto poden interpretar a muiñeira de Chantada como o Preludio nº 1 do Clave ben temperado.
E por iso temos que proclamar que esta Festa do Gaiteiro, nacida en Soutelo, e a carón da memoria de Avelino Cachafeiro, non está feita para mirar cara atrás con nostalxia, senón cara diante e con orgullo, sabendo que hai música alén das muiñeiras e pasacalles, e gaiteiros inmensos alén de Soutelo, Ventosela e Penalta.
Por iso me permito encarnar por uns intres a figura inmensa de Avelino Cachafeiro, gaiteiro, pintor e poeta do pobo de Montes, para proclamar que o título de mellor gaiteiro de Galicia non era eterno, que estamos orgullosos do camiño que fixo a gaita e a música galega nos últimos trinta anos, e que, -¡ouvídeo ben, rapaces e rapazas!- os gaiteiros de agora son moito mellores que os de antes. Porque así o esixen os tempos, e porque así o querían aqueles mestres como Avelino que –seguindo a estela dos mellores- quixeron e lograron que os seus alumnos os deixasen atrás.
Enfocando esta celebración cara o futuro, e avaliados por tres décadas de exitosa xestión dos seus promotores, ten pleno sentido que a Festa do Gaiteiro sexa considerada, e proclamada pola Xunta, como de “Interés Turístico Galego”. E por iso me alegra moito que este meu pregón, que me compromete para sempre co futuro da festa, coincida coa presenza, tamén comprometida, de Xosé Manuel Otero, a quen imos facer descender da impresionante enxeñería das pontes e calzadas, admirada e recoñecida en España enteira, á humilde condición do peón camiñeiro que debe manter expedito o camiño do éxito que todos queremos percorrer.
O testamento de Avelino Cachafeiro a Galiza fica escrito nun verso case esquecido que inspirou este pregón, e no que o vello gaiteiro, ao que xa non lle obedecían os dedos, falaban así co instrumento: “Os meus dedos non acertan / pra volver contigo falar. / Eu vello e ti sempre moza…” Quedádevos pois coa mensaxe de que “as gaitas son sempre novas, e de que os gaiteiros de hoxe son os mellores da historia”, e nunca vos esquezades de que os meniños pequenos, que andan agora con axóuxere e chupete, serán mellores gaiteiros que vos. Porque a historia e a natureza así o queren. E porque se algún día non fose así, Galicia enteira –Deus non o permita- empezaría a correr cara tras.