Inicio  >  Sociedad  >  Cultura

Cultura e Turismo destinará 245.500 euros á Real Academia Galega e financiará as obras de reparación no edificio da Coruña

redacción GECG - 3/3/2010
Cultura e Turismo destinará 245.500 euros á Real Academia Galega e financiará as obras de reparación no edificio da Coruña
O conselleiro de Cultura e Turismo recibiu esta mañá ao presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, nun encontro marcado pola “excelente sintonía” entre as institucións. Na reunión abordouse a ampliación do orzamento destinado á RAG pola Consellería de Cultura e Turismo e a necesidade de mellorar o sistema de percepción de ingresos. XUNTA.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu hoxe ao presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, nunha reunión de traballo na que se abordou a ampliación dos orzamentos que a Consellería de Cultura e Turismo destinará á RAG en 2010. Roberto Varela comunicou ao presidente o incremento deste financiamento nun 22,44% respecto ao que a institución viña percibindo desde 2006. Deste xeito, a achega alcanzará os 245.500 euros, superando en 45.000 euros a cantidade destinada á RAG nos orzamentos de 2009.

Neste liña de traballo, a Consellería de Cultura e Turismo asumirá o financiamento da reparación da cuberta do edificio da Real Academia Galega en A Coruña, valorada en 45.000 euros. As obras de reparación, comezarán unha vez sexa entregado na Consellería o proxecto de rehabilitación da cuberta que nos últimos días viuse afectado por varias tellas avariadas e pezas de uralita polas que se producían filtracións de auga.

A primeira reunión oficial do conselleiro co presidente da RAG estivo marcada, segundo Roberto Varela, pola “excelente sintonía” entre as institucións. Neste encontro estiveron presentes asemade o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, o secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Antonio Fernández-Campa e unha representación de académicos.

Outro dos puntos tratados por Consellería e Academia dirixiuse cara unha posible mellora do sistema de percepción de ingresos a través do Estado. O conselleiro de Cultura e Turismo comprometeuse a traballar conxuntamente coa Academia para modificar un sistema no que a Real Academia Galega sae perxudicada na comparación coas contías destinadas polo Ministerio de Educación a outras Academias de España como o Institut d’Estudis Catalans ou a Euskaltzandia (Academia da Lingua Vasca). Estas institucións contan con partidas nominativas nos orzamentos do Estado, ao contrario que a RAG.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com