Inicio  >  Galicia  >  Empresa

Guerra avanza que el apoyo de la Xunta al Plan de Fomento de las Exportaciones será este año un 60% superior al comprometido en 2008

redacción GECG - 2/3/2010
Guerra avanza que el apoyo de la Xunta al Plan de Fomento de las Exportaciones será este año un 60% superior al comprometido en 2008
El conselleiro de Economía e Industria abrió hoy la misión comercial inversa plurisectorial que durante tres días forjará iniciativas de colaboración entre las 197 empresas gallegas y extranjeras que se dan cita en Santiago. ANA VARELA.

O conselleiro de Economía e Industria foi o encargado de inaugurar hoxe a primeira das tres xornadas da misión comercial inversa plurisectorial que reunirá durante tres días en Santiago a 197 empresas de Galicia, Europa e Norteamérica cun mensaxe de optimismo para forxar iniciativas de colaboración fructíferas tanto para a economía galega como para as economías dos países de orixe das empresas estranxeiras participantes.

O titular da Consellería de Economía e Industria mostrou o seu apoio a esta misión inversa, financiada ao 80% polo seu departamento, e a todo este tipo de iniciativas, que contan co total respaldo do Goberno da Xunta a través do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga), e que está volcado no desenvolvemento dun programa “de medidas económicas, nas que a internacionalización ocupa un lugar central a curto, medio e longo prazo”.

Javier Guerra anunciou que no seu departamento e no Goberno da Xunta confíase na eficacia “do Plan de Fomento das Exportacións Galegas, que en 2009 reactivamos ao aumentar a inversión da Xunta nun 15%, e que reforzaremos considerablemente neste exercizo cun incremento de máis do 35% con respecto ao pasado ano, e de casi un 60% en comparación co investido polo anterior executivo en 2008”.

“Co Foexga 2009 recuperamos a necesaria colaboración entre a Xunta e as Cámaras de Comercio galegas, e puxemos en marcha máis de 100 accións concretas de apoio á internacionalización, e en 2010 a idea non é outra que reforzar a dinámica de colaboración establecida para incentivar as nosas relacións comerciais con líderes económicos como Estados Unidos ou Alemaña, e facernos presentes nas potencias económicas emerxentes como China, Brasil ou Rusia, ademais de abrirnos paso en novos mercados en países árabes, asiáticos o de Europa del este”, apuntou o conselleiro de Economía e Industria.

Javier Guerra aproveitou a súa intervención para recordar que o seu departamento ten feito un esforzo orzamentario no actual contexto de crise para buscar o camiño da recuperación económica, e “por este motivo temos incrementado nun 56,52% os recursos destinados a apoiar a internacionalización das empresa galegas, un aumento co que tamén se pretende suplir o descenso do 18% dos investimentos estatais en esta materia”.

O conselleiro de Economía e Industria salientou a importancia dos sectores representados nesta misión inversa (construcción, viños e bebidas, alimentación, planta ornamental e confección textil), e a procedencia das empresas estranxeiras participantes, chegadas dende Estados Unidos, Francia, Rusia, Alemaña, Reino Unido, México, Bulgaria, Rumania, Ucrania, Polonia ou Portugal.

Javier Guerra pechou a súa intervención apuntando que “agora, máis que nunca, fomentar iniciativas como a celebración desta misión empresarial é unha tarefa de responsabilidade na que deben colaborar todas as administracións e institucións, e nas que sempre contarán co apoio da Consellería de Economía e Industria e do Goberno da Xunta”.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com