Inicio  >  Galicia  >  Mar

Portos de Galicia impulsa a xestion integral e sostible dos portos e do litoral galego

redacción GECG - 20/2/2010

Portos de Galicia manifesta a necesidade de acometer unha xestión integral e sostible dos portos e do litoral galego. “Non pode compartimentarse a parte da xestión dos portos, da parte de xestión das costas. Ten que ser unha xestión integral e sostible do litoral”, sinalou o presidente de Portos de Galicia.

Como se lembrará, a Demarcación de Costas pretendía rexenerar a praia de Camelle con areas artificias procedente de minas. Neste senso, Portos de Galicia ofreceuse como subministrador dunha area que, polas súas condicións resultaba moito mellor e mais axustada ás caracteristicas da praia. Finalmente foi rexenerada a praia con area recollida da dragaxe do entorno do porto de Camelle facilitada polo organismo portuario.

Portos de Galicia está en disposición de ofrecer á Demarcación de Costas area proveniente dos dragaxes realizados nos entornos portuarios. Unha area procedentes dos fondos dos entornos das áreas próximas aos portos autonómicos que, na meirande parte dos casos, posúe unha calidade necesaria para rexenerar as praias.

Esta acción porto-praia exemplo de enxeñería sostible e ecolóxica, redundará na calidade das praias contribuíndo á estabilidade do medio. Eliminar as aportacións de area de peor calidade que necesitan un proceso específico para o seu uso provenientes de canteiras, sustitúese neste caso por unha medida mais ecolóxica e sostible.

A relación porto–praia consiste en que, por unha banda, coa dragaxe dos portos faise posible mellorar as condicións de calados retirando o exceso de area que se foi sedimentando nesta zona e, ademais, aproveitar esa area para a rexeneración parcial de praias que nalgúns casos son tremendamente danadas polos temporais que cada ano azotan as nosas costas deixándoas en malas condicións e con insuficiencia de area ano tras ano.

Aportación de Laxe

Por outra banda, a praia de Laxe, debido á súa situación, pegada ao porto, ten nestes momentos un excedente de área que tamén pode ser utilizado para rexenerar outras praias que necesitan unha aportación deste material. Neste senso, Portos de Galicia ofrece gratuitamente esta area para rexenerar praias do litoral que nestes momentos contan con necesidades deste material, o que pode estenderse a unha serie de actuacións conxuntas previstas para outros lugares e rías do litoral galego. Praias como a de Riazor ou Orzán poderían verse beneficiadas desta posibilidade ao serlle facilitada a area procedente destes depósitos naturais e non das areas artificiais procedentes de minas.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com