Inicio  >  Otra información  >  Salud

Sanidade constituirá o consello reitor do Consorcio Oncolóxico de Galicia

redacción GECG - 20/2/2010

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, anunciou que a vindeira semana o Diario Oficial de Galicia publicará a composición do Consello Reitor do Consorcio Oncolóxico de Galicia.

Este Consorcio está conformado pola Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, a Fundación Centro Oncolóxico Rexional José Antonio Quiroga e Piñeyro, e o concello da Coruña. Está concebido como un instrumento executivo que ten como obxectivo a realización dun aproveitamento eficiente dos recursos sanitarios existentes en materia de oncoloxía, proporcionando asistencia integral e de calidade aos pacientes que o precisen.

O Réxime Orgánico e Funcional establece que o órgano reitor do Consorcio estará integrado por sete membros, dous designados pola Consellería de Sanidade, dous polo Servizo Galego de Saúde, dous polo Centro Oncolóxico, e un polo Concello da Coruña.

Unha vez constituído este Consello, a súa primeira encomenda será preparar o regulamento interno que defina as actuacións do Consorcio. Para isto, elaborarase o contrato programa que conterá a poboación que se atenderá, a estimación do volume de actividade e previsión das continxencias sanitarias obxecto da cobertura e o tempo de duración, a determinación dos requisitos de calidade que deberán cumprir os servizos sanitarios, e a cobertura económica da actividade. O Servizo Galego de Saúde contribuirá asumindo o financiamento necesario para a prestación sanitaria.

Farjas Abadía tamén explicou que a medio prazo, outro dos obxectivos do novo Consello Reitor do Consorcio Oncolóxico de Galicia será a creación da área clínica funcional única de oncoloxía para a área sanitaria da Coruña.

Ademais, o decreto de constitución do Consorcio recolle como obxectivos específicos a educación sanitaria, a promoción da saúde e a prevención da enfermidade en materia oncolóxica; a atención especializada en réxime extrahospitalario e hospitalario; e as actividades de coñecemento nos ámbitos de sanidade e das ciencias da saúde, da docencia, da investigación, a formación, a bioética, e os sistemas de información; e, tamén, o pulo dado ao desenvolvemento das tecnoloxías e dos recursos para mellorar a calidade da prestación sanitaria.

Así mesmo, Farjas Abadía sinalou que toda esta estratexia do Consorcio está enmarcada no marco xeral que establecerá o Plan Oncolóxico de Galicia, que abordará toda a estratexia de actuación e resposta en materia oncolóxica da administración sanitaria galega, e que será presentado en breve.

Estes foron algunhas das actuacións que a conselleira de Sanidade salientou no transcurso do acto de homenaxe organizado pola xunta provincial da Asociación Española contra o cancro na Coruña, en recordo do doutor Camilo Veiras Candal, falecido o pasado mes de maio.

Pilar Farjas Abadía recoñeceu publicamente a valía e a traxectoria profesional de Camilo Veiras por toda unha vida ao tratamento dos pacientes oncolóxicos na nosa comunidade.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com