Inicio  >  Sociedad  >  Cultura

Francisco López presenta o libro 'Os instrumentos musicais na tradición galega'

redacción GECG - 18/2/2010

 O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentou este serán na Deputación de Lugo o libro de Pablo Carpintero Os instrumentos musicais na tradición galega. Francisco López destacou a “impresionante calidade” dun volume que concentra practicamente “todos os sons melódicos da nosa cultura e da nosa historia”.

O director xeral de Cultura afirmou na presentación do libro que o volume “asenta na sabedoría colectiva os sons que nos identifican”. Segundo Francisco López, o exemplar “dános a verdadeira suma do pasado, sobre a que os nosos artistas crean novas manifestacións, que falan sen palabras da nosa esencia”.

Asemade, o director xeral observou a iniciativa editorial de Pablo Carpintero como unha mostra de que “a expresión artística segue o seu camiño, sempre cun punto de apoio que permita a identificación e a apertura dos ouvintes ás formas novas”. “Agora temos unha impronta cultural que medra e leva a mensaxe aos cinco continentes”, engadiu.

Ao abeiro do Ano do Libro e da Lectura, Francisco López, recalcou a confluencia do libro cun dos obxectivos da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura no que respecta a “potenciar a liña informativa, aquela que nos ensina quen somos, onde estamos e que fornecemos”. 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com