Inicio  >  Galicia  >  Galicia exterior

O delegado da Xunta en Buenos Aires visita as obras de remodelación da Asociación Fillos do Concello de Porto do Son

redacción GECG - 18/2/2010

O Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, visitou este xoves as obras de remodelación da Asociación Fillos do Concello de Porto do Son, na localidade de Avellaneda.

Dobarro mantivo un encontro co presidente da entidade, Alberto Quiroga Bazarra, e con membros da Comisión Directiva para coñecer os proxectos que está a impulsar o centro. Nesta xuntanza presentaron a López Dobarro o seu interese en realizar un encontro con outros centros e asociacións galegas de Buenos Aires para facer unha posta en común dos intereses e necesidades e avaliar a posibilidade de iniciativas conxuntas.

Do mesmo xeito, faláronlle do traballo que están a desenvolver para contactar con outras agrupacións de Porto do Son no resto do mundo. Neste sentido, sinalaron a entidade radicada en Uruguai e algunhas propias do Concello de Porto do Son en Galicia como interlocutores principais.

As actividades orientadas cara á mocidade son outras das prioridades que está a marcar este centro do conurbano bonaerense. No seu local, que actualmente se atopa en fase de remodelación e posta en valor, se desenvolven actividades de danza e música galega e se achega información para a realización de trámites ante as administracións galega e española.

Desde 1918 en Buenos Aires

A Asociación Fillos do Concello de Porto do Son foi fundada o 6 de abril de 1918. Nos primeiros momentos contou con 12 integrantes da Comisión Directiva e outros 30 socios. Na actualidade ten preto de 400 asociados, entre os que a maioría son emigrantes sonenses, os seus fillos e netos, así como outros membros da sociedade arxentina que se achegan a eles polas súas actividades culturais, gastronómicas e sociais.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com