Inicio  >  Otra información  >  Educación

Os concertos didácticos de órgano da igrexa de San Salvador, en Celanova, destinados ao alumnado dos colexios, institutos e conservatorios de música de toda Galicia

redacción GECG - 18/2/2010

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentou esta mañá en rolda de prensa os Concertos Didácticos de Órgano da Igrexa de San Salvador (Celanova). Francisco López valorou a iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Celanova como unha proposta de gran atractivo cunha “sensibilidade moi grande e un sentido didáctico moi creativo para que os nenos do noso sistema educativo poidan sentir a música e asociala coa marabillosa pegada do pasado”.

O director xeral incidiu na importancia dunha idea “interesante e anovadora” para que os escolares poidan “tomar un papel activo de par do órgano” e coñecer, deste xeito, “as pegadas castrexas, as formas medievais de distribución do espazo ou o berce do que partiu unha parte da literatura galega clásica”. Francisco López destacou asemade, a posibilidade que se lle achega aos nosos escolares para aproximarse “ás distintas fases da historia que percorren os nosos antepasados” e para percibir directamente “ao instrumento de maior solemnidade que existe escoitando e acompañando as pezas interpretadas por Marisol Mendive”, á que cualificou como a “alma do programa”.

O director xeral mostrou a súa certeza de que “esta experiencia representa un acontecemento de gran valor para a nosa cultura” e que “ofrece unha enorme riqueza inmaterial ás nosas rapazas e aos nosos rapaces”.

Ao acto de presentación na Sala de Xuntas da Deputación Provincial de Ourense tamén asistiron o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez; o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño e a profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense e encargada do proxecto, Marisol Mendive.

Concertos Didácticos
O programa Concertos de Órgano da Igrexa de San Salvador, en Celanova está destinado ao alumnado dos colexios, institutos e conservatorios de música de toda Galicia e será impartido pola profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense, Marisol Mendive no órgano da Igrexa de San Rosendo.

Os participantes no programa poderán interpretar cos seus instrumentos, frautas na súa maioría, tres pezas musicais co acompañamento do órgano executado por Marisol Mendive. Estas pezas serán preparadas previamente nos seus centros escolares cos seus profesores de música. Asemade, as rapazas e rapaces terán a oportunidade de coñecer os principais referentes históricos e monumentais de Celanova, participando na visita guiada Celanova, un paseo pola historia de Galicia.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com