Inicio  >  Sociedad  >  Turismo  >  Gastronomía

Tarta de Santiago, recoñecida como produto de calidade

redacción GECG - 17/2/2010

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se aproba o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Tarta de Santiago e do seu Consello Regulador, que se nomeou con carácter provisional. Con este paso, a Tarta de Santiago ponse en marcha como produto de calidade, tras ser tamén recoñecido o pasado 16 de setembro de 2009 pola Unión Europea.

Con esta orde queda nomeado o Consello Regulador, por proposta do sector e con carácter provisional, con Manuel Iglesias García na Presidencia e apoiado por cinco vogais.

Características do produto

O produto amparado pola IXP Tarta de Santiago é un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos son améndoas, azucre e ovo. Entre as características que a definen está a forma redonda con cuberta de azucre glasé, onde figura a cruz da Orde se Santiago como sinal de identidade propia, un aroma típico a xema e améndoa e unha textura esponxosa e granulada.

A zona de elaboración das tortas amparadas pola IXP Tarta de Santiago abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma. Pola súa parte, o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) será o órgano encargado do control e certificación para os produtos desta indicación.

Historia

A elaboración da Tarta de Santiago foi historicamente un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender ás esixencias do mercado. As técnicas empregadas na fabricación tenden a obter produtos de máxima calidade, mantendo os carácteres tradicionais das tortas amparadas pola indicación xeográfica protexida.

Esta nova IXP será presentada a vindeira fin de semana nun Congreso especializado en alimentación (Forum Gastronómico), que se celebrará en Santiago de Compostela.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com