Inicio  >  Galicia  >  Mar

Mar solicita ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño a modificación do reparto da cota da xarda e os topes de captura

redacción GECG - 17/2/2010

A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños e da propia conselleira, solicitoulle ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño a modificación da Orde ARM/271/2010, do 10 de febreiro, pola que se establecen os criterios para o reparto e a xestión da cota de xarda e se regula a súa captura e desembarque, ao entender que esta é inxusta, especialmente no referente aos termos de topes de captura.

Así, segundo a Orde publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), o artigo 4.1.b) establece un tope máximo de 18.000 quilos por buque e día para buques de máis de 100 GT e 9.000 quilos por buque e día para buques de menos de 100 GT.

A Consellería do Mar entende que este criterio perxudica á frota galega, que emprega embarcacións de menor tamaño e favorece ás frotas de arrastre e cerco de maior tamaño, por iso, e para que non existan agravios comparativos, demanda a modificación da redacción de dito artigo. Deste xeito, a través de dúas misivas, reclama que na modalidade de cerco se concedan topes máximos de 15.000 quilos por buque e día de xeito que nunca se poidan superar os 75.000 quilos por buque á semana.

Ademais, a Xunta considera que o criterio de volumes de captura e desembarque non é consecuente cos factores igualitarios de equilibrio económico, social e ambiental e non cumpre coa suposta sostibilidade da mesma.

Por último, a conselleira do Mar, Rosa Quíntana e o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, transmitíronlles ao secretario xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro, e ao director xeral de Recursos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Alejandro Polanco, a desconformidade da Xunta co proceso de elaboración desta orde ministerial, xa que en ningún momento a administración galega foi convocada a ningún tipo de reunión conxunta coas comunidades autónomas do Cantábrico para abordar de forma común unha pesquería que se realiza tamén de forma común, polo que non se puido defender convenientemente os intereses da frota galega que faena no Golfo de Biscaia.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, explica os pasos dados pola Xunta na defensa dos intereses do cerco para a campaña da xarda.
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com