Inicio  >  Otra información  >  Galicia  >  Medio rural

Juárez pide á ministra Espinosa que reúna a Comisión de Seguimento do acordo sectorial do leite

redacción GECG - 16/2/2010

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, remitiu esta mañá unha carta á titular do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MMARM), Elena Espinosa, na que solicita formalmente que a ministra convoque de urxencia unha xuntanza da comisión de seguimento do acordo sectorial lácteo asinado no verán pasado, acordo que pretendía a rápida e xeneralizada implantación dos chamados ‘contratos homologados’.

Estes contratos pretendían estabilizar os prezos do leite cru, de maneira que os produtores españois (preto do 60% dos cales son galegos) tivesen prezos de referencia sobre os que traballar. Igualmente, o acordo pretendía minimizar a posición de forza que algunhas envasadoras, comercializadoras, e distribuidoras tiñan ata o momento.

Pois ben, segundo o conselleiro, o acordo acadou algúns resultados no comezo da súa andaina, pero co tempo o ritmo de sinatura semella non ser o desexable, co que supón de dobre indefensión para os pequenos produtores. O titular do Medio Rural da Xunta xa advertiu verbalmente á ministra da súa preocupación por este asunto na xuntanza de onte da Conferencia Sectorial de Agricultura en Madrid.

Obxectivos da reunión

No decurso da xuntanza solicitada por Juárez, Galicia pretende que se realice unha análise pormenorizada dos prezos acadados nos últimos meses, especialmente desde a entrada en vigor do acordo, como unha maneira de avaliar a súa eficacia. Tamén se pretende, desde o Goberno autonómico, que se analicen as tendencias do mercado lácteo, nun momento en que algúns axentes amosan a súa preocupación por unha suposta inestabilidade.

Pola súa banda, o departamento que dirixe Samuel Juárez convocará en breve a Mesa do Leite de Galicia e o Observatorio de Prezos do Leite, como medidas complementarias, dende o Goberno autonómico, nesa necesaria avaliación da situación real do mercado.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com