Inicio  >  Galicia  >  Mar

A Xunta valora positivamente a retirada dos escombros do Porto de Vigo a pesares da negativa municipal

redacción GECG - 16/2/2010

Ante o problema ambiental xerado no porto de Vigo pola decisión do concello de manter a paralización da retirada de escombros provintes da demolición dunha nave, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas valora positivamente o auto emitido hoxe polo Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 de Vigo, no que ordena a retirada de ditos escombros.

A Xunta agradece a axilidade deste pronunciamento xudicial, xa que de prolongarse dita situación podería terse provocado danos importantes ao medio. A retirada dos residuos depositados no peirao de transatlánticos resolve un problema ambiental e de impacto visual.

A Consellería lembra que o pasado 11 de febreiro enviou á presidenta da Autoridade Portuaria unha orde para retirar os escombros de xeito inmediato e enviar os residuos orixinados aos xestores autorizados pola Xunta. O 13 de febreiro, un escrito do concello contradí a orde da Xunta e denega expresamente a autorización para a actuación de retirada de escombros solicitada pola Autoridade Portuaria.

A decisión xudicial ratifica a orde emitida polo órgano ambiental de Galicia, que a partires de agora estará en contacto coa Autoridade Portuaria para garantir de a retirada dos residuos se realice conforme á normativa. 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com