Inicio  >  Sociedad  >  Cultura

Cultura e Turismo promoverá os grandes proxectos editoriais do libro galego entre 2010 e 2011

redacción GECG - 14/2/2010

Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura estableceu unha liña de axudas que promoverá os grandes proxectos editoriais.

En concreto, a convocatoria diríxese á concesión de subvencións para a promoción, produción e edición do libro galego. A orde emitida pola Dirección Xeral ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras da convocatoria de subvencións destinadas á produción editorial, na edición tradicional e nos novos soportes, no que atinxe á realización dos grandes proxectos editoriais.

As axudas concederanse por un importe total de 300.000 euros, distribuídos en dúas anualidades de 150.000 euros cada unha para os anos 2010 e 2011.

Grandes proxectos

Nestes grandes proxectos estaría incluída toda planificación ou plan de realización que procure a excelencia, tanto polo que respecta á presentación formal, xa sexa polos contidos, cando precisen unha atención e unha disposición de medios especialmente custosa para as editoriais que os afronten, ou se plasmen en obras de importancia para o crecemento intelectual de Galicia, e de difícil comercialización no mercado xeral.

Nembargante non se considerarán grandes proxectos as coleccións integradas por títulos independentes que individualmente carezan destas características ou os proxectos multimedia que non respondan a textos de carácter creativo, científico ou de consulta, e que ofrezan contidos lúdicos interactivos, ou artes narrativas de carácter fílmico.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com