Inicio  >  Empresa  >  Medio rural

Medio Rural está a desenvolver un plan de actuación para garantir a orixe do leite producido en Galicia

redacción GECG - 13/2/2010
Medio Rural está a desenvolver un plan de actuación para garantir a orixe do leite producido en Galicia
A Consellería iniciará un plan de control que se complementará con inspeccións in situ nas industrias, transportes e centros de distribución comercial. XUNTA.

 No marco do plan que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural para garantir a orixe do leite producido en Galicia, estes días estase celebrando na Escola Galega da Administración Pública (EGAP), en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, un curso práctico sobre a base de datos Letra Q Trazabilidade.

Á primeira xornada formativa asistiron máis de medio cento de operadores autorizados. Esta ampla asistencia, que representa case o 50% dos operadores rexistrados en Galicia, amosa o interese do sector no cumprimento das súas obrigas en materia de trazabilidade do leite cru.

Actuacións

Completada esta fase, a Consellería do Medio Rural iniciará un plan de control administrativo da descarga de datos na ferramenta informática letra Q, que se complementará con inspeccións in situ nas industrias e transportes e inspeccións nos centros de distribución comercial. Os incumprimentos detectados poderán ser obxecto de sanción, de acordo coas previsións do Real Decreto 1728/2007, do 21 de decembro.

Estas actuacións enmárcanse no conxunto de medidas que a Consellería está a tomar para garantir a orixe do leite producido en Galicia e a súa posta en valor como produto de calidade. A Consellería de Medio Rural está a ofrecer aos operadores do sector lácteo galego os instrumentos necesarios para facilitar o cumprimento das súas obrigas en materia de trazabilidade do leite cru.

Base de datos Letra Q

Os 120 operadores rexistrados en Galicia teñen a obriga de informar na base de datos Letra Q dos movementos de leite cru que entra ou sae dos centros de transformación, identificando en todo caso o seu medio de transporte, incidencias, orixe ou destino. Por outra parte, tódolos tanques de frío, cisternas e silos que almacenan leite cru, están identificados cun código único, que permite cifrar a trazabilidade do produto.

A Consellería ten establecido un procedemento simplificado para dar de alta, baixa ou modificar os datos na base de datos Letra Q, e de solicitar a reposición de etiquetas perdidas ou deterioradas. a través da web de Medio Rural, do Centro de Información ao Agro Galego (CIAG) ou acudindo á Oficina Agraria Comarcal. Por outra parte, a Consellería remitiu recentemente a tódolos operadores información dos seus datos de identificación rexistrados en letra Q, por se procedese a súa actualización.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com