Inicio  >  Galicia  >  Economía

Ángel Bernardo Tahoces lembra que unha das prioridades da Consellería de Economía e Industria é apoiar a reactivación do sector mineiro galego

Xunta, concellos e sindicatos traballan a prol da reactivación do emprego no sector mineiro na mesa do carbón

redacción GECG - 13/2/2010
Xunta, concellos e sindicatos traballan a prol da reactivación do emprego no sector mineiro na mesa do carbón
Os representantes sindicais de CC. OO. e UGT. mostraron a súa satisfacción ca reunión da Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón 2006-2012, e celebraron que se teñan presentado 17 proxectos priorizados segundo o grao de inversión e de compromiso de contratación de traballadores. XUNTA.

A Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón 2006-2012, que aglutina ao Goberno da Xunta, a través da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, aos concellos de As Pontes e Cerceda e aos sindicatos UGT e CC OO, reuniuse novamente e acordou por unanimidade apoiar 17 proxectos empresarias orientados a fomentar a recuperación do emprego no sector mineiro.

Os representantes sindicais de UGT e CC. OO. amosáronse moi satisfeitos co resultado da reunión presidida polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, que lembrou que unha das prioridades do departamento que dirixe e traballar a prol do sector mineiro galego e apoialo na reactivación da súa actividade.

O representante de UGT, Roque Vidal, asegurou estar satisfeito” do resultado da reunión, e manifestou a súa confianza en que a mesa do carbón contribúa a frear o aumento do paro no sector. Segundo o representante sindical, a reunión desta mesa de seguimento do plan da minería ten sido positiva xa que se acordou primar o apoio aos proxectos empresariais xeradores de emprego durante o presente exercicio 2010, e celebrou que “se teñan presentado 17 proxectos priorizados segundo o grao de inversión e de compromiso de contratación”.

Pola súa banda, Francisco Gayoso de CC.OO, afirmou estar “moi satisfeito” co resulatdo deste encontro “porque servirá para levar polo bo camiño a recolocación dos traballadores da industria auxiliar” ao mesmo tempo que se está a apoiar a súa formación para que “acaden o perfil que están a demandar as empresas”. “Os proxectos empresariais” tratados na Mesa do Carbón “son os axeitados” para fomentar o emprego entre os traballadores da industria auxiliar mineira.

A Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón 2006-2012, é o órgano e interlocutor único para o control e seguimento de todas as actuacións públicas e privadas encamiñadas ao desenvolvemento e reactivación das comarcas mineiras de Galicia, segundo decidiron todos os seus compoñentes por unanimididade. Neste ámbito tamén acordouse recentemente que a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria efectúe un requirimento a todas e cada unha das empresas beneficiarias das axudas con cargo aos fondos do Plano do Carbón 2006-2012 para que obteña información da evolución da execución dos compromisos de colocación de persoal excedente da industria auxiliar, recordándolles que este compromiso terá que ser efectivo antes do 31 de agosto de 2010 para os proxectos da convocatoria de axudas de 2007, e o 31 de agosto de 2011 para os de 2008. Asemade, requirirase ás empresas que identifiquen de xeito preciso o perfil do persoal a contratar.

Os integrantes da Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón decidiron tamén que sexan a Oficina de Captación de Proxectos e Inversións do concello de Cerceda e o Instituto Pontés de Promoción Económica do concello de As Pontes as que elaboren un inventario das necesidades formativas e dos planos formativos específicos antes do 31 de agosto coa información facilitada polas empresas á Dirección Xeral.

Do mesmo xeito, enviarase unha comunicación ás empresas que teñan participado na convocatoria de axudas de 2009 para proxectos empresariais xeradores de emprego dentro deste plano para que indiquen os seus compromisos de recolocación do persoal da Industria auxiliar.

Con estes pasos, a Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón 2006-2012 garante unha acción coordinada e eficaz para a reactivación e o desenvolvemento das comarcas mineiras de Galicia.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com