Inicio  >  Sociedad  >  Turismo  >  Gastronomía

A Festa da Filloa de Lestedo celebrac xa a súa vixésimo sétima edición

redacción GECG - 13/2/2010

A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, amosou hoxe o seu apoio á Festa da Filloa de Lestedo que se celebrará o vindeiro domingo 21 na parroquia do Concello de Boqueixón.

A secretaria xeral para o Turismo, que estivo na presentación institucional da festividade en Lestedo, loubou o éxito desta celebración, que xa vai pola súa vixésimo sétima edición.

No acto de presentación estiveron presentes, ademais da secretaria xeral para o Turismo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Rato; o alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio; María Mera, pregoeira da festa e actriz na serie ‘Matalobos’ da TVG e Orlando Vázquez, representante da organización da festa.

Segundo dixo a secretaria xeral, “a festa proba o éxito dunha tradición milenaria e o esforzo da Asociación Cultural e de Festexos Santa María de Lestedo, ao seguir traballando por unha das festas de maior raigame e repercusión de toda a comarca e de toda Galicia”.

A Festa da Filloa de Lestedo, unha das primeiras exaltacións gastronómicas da comunidade que pon en valor un dos postres galegos por antonomasia, ligado a outra festividade típica, como é o Entroido, está declarada de Interese Turístico. Neste sentido, Pardo incidiu na necesidade de seguir potenciando festividades deste tipo como un resorte clave na promoción do turismo galego.

Ademais de resaltar as excelencias turísticas da zona e a importancia gastronómica e etnográfica que leva consigo a romería, Pardo tamén fixo fincaré no valor lúdico e festivo, “avivado pola recuperación doutras tradicións como os desfiles dos Xenerais do Ulla” e no pouso histórico e lendario das terras de Lestedo. “O vínculo da parroquia coa tradición xacobea faise palpable no Camiño do Sudeste que cruza estas terras”, apuntou.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com