Inicio  >  Galicia  >  Economía

A variación interanual do IPC sitúase no mes de xaneiro en Galicia no 1,2%

redacción GECG - 12/2/2010

A variación interanual do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) en Galicia situouse no 1,2% no pasado mes de xaneiro. Con este rexistro, o nivel de prezos respecto do exercicio anterior situouse dúas décimas por riba da media do conxunto de España (1,0%). Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que recollen que o IPC descendeu o pasado mes un – 1,4%, catro décimas máis que no conxunto do Estado (-1,0%).

Na evolución por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en xaneiro foron ‘Vestido e calzado’ (- 14,8%), ‘Ocio e Cultura’ onde os prezos decreceron un – 1,7% e ‘Enxoval’ (- 1,2%). Por outra banda, o grupo cunha maior suba dos prezos foi o de ‘Transporte’ (1,7%).

Na evolución interanual, os grupos que rexistraron unha maior caída do IPC foron ‘Alimentos e bebidas non alcohólicas’ (- 2,1%); ‘Ocio e Cultura’ (- 1,6%), e ‘Vestido e Calzado’ (- 1,1%). Pola contra, os grupos que presentan unha maior suba son ‘Bebidas alcohólicas e tabaco’ (10,6%) e ‘Transporte’ (6,5%).

Índices provinciais

En relación cos índices provinciais, en termos intermensuais todas as provincias galegas mostran unha baixada dos prezos, sendo máis acusada en Lugo (- 1,7%) e Pontevedra (- 1,6%). No que a variación interanual se refire, A Coruña é a provincia que mostra un maior incremento dos prezos cun 1,2%.

 
IPC Intermensual
IPC Acumulado
IPC Interanual
GALICIA
- 1,4
- 1,4
1,2
ESPAÑA
-1,0
 -1,0
1,0

 

 
IPC Intermensual
IPC Acumulado
IPC Interanual
A CORUÑA
-1,3
-1,3
1,2
LUGO
-1,7
-1,7
1,1
OURENSE
- 0,7
-0,7
1,1
PONTEVEDRA
-1,6
-1,6
1,1

  
 
 
 
 
VARIACIÓN INTERANUAL
 
VARIACIÓN INTERMENSUAL
 
 
Galicia
España
 
Galicia
España
 
Alimentos e bebidas non alcohólicas
- 2,1
- 2,4
 
 
-0,2
 
-0,1
 
Bebidas alcohólicas e tabaco
10,6
11,8
 
1,2
1,3
 
Vestido e calzado
- 1,1
- 1,1
 
- 14,8
- 14,1
 
Vivenda
1,6
1,2
 
1,1
0,8
 
Enxoval
0,1
0,6
 
-1,2
-0,9
 
Medicina
- 0,5
- 1,3
 
0,4
0,2
 
Transporte
6,5
6,3
 
1,7
1,7
 
Comunicacións
- 0,5
- 0,5
 
0,0
0,0
 
Ocio e cultura
- 1,6
- 1,6
 
-1,7
-1,9
 
Ensino
2,3
2,6
 
0,1
0,0
 
Hoteis, cafés e restaurantes
1,6
1,1
 
0,2
0,1
 
Outros
1,5
1,8
 
0,3
0,6
 
 
 
 
 
 
 
 
Xeral
1,2
1,0
 
-1,4
-1,0
 
 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com