Inicio  >  Otra información  >  Galicia  >  Medio rural

Juárez asinou con 16 concellos de Lugo os convenios do PEIM rural 2009-2010 por máis de un millón e medio de euros

redacción GECG - 12/2/2010

O titular de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, reuníuse esta mañá, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, para asinar os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestructuras no Medio Rural cos distintos alcaldes dos concellos lucenses que gozarán deste investimento.

O obxectivo fundamental destes convenios é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. O importe total dos dezaseis convenios asinados hoxe ascende a 1.616.052,34 euros procedentes de fondos estatais do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MMARM), que son xestionados pola Comunidade Autónoma.

Os PEIM Rural 2009-2010 son uns proxectos nos que colaboran o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural e establecer un marco xeral de cooperación onde se definan as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestructuras rurais.

Obxecto e Actuacións

O MMARM, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, comprometeuse a realizar actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais por un importe máximo de 18.000.000 €. Pola súa parte, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, realizou actuacións de infraestructura rural por un importe máximo de 9.000.000 €; estas actuacións xa foron pechadas e asinadas cos pertinentes concellos.

Vixencia do Convenio

A duración deste convenio de colaboración ten efecto dende o presente día da súa sinatura ata o 31 de decembro do 2010. O órgano encargado de realizar o seguimento de execución e cumprimento das actuacións obxecto do Convenio é a Comisión de Seguimento, integrada por persoas de ámbalas dúas Administracións.

A continuación, xúntase nun cadro o presuposto para cada concello, dos asinantes hoxe:


CONCELLO
PRESUPOSTO
Baleira
89.705,91 €
Becerreá
116.999,65 € 
Begonte
116.307,93 €
Castroverde
114.577,20 €
Cervantes
105.000,00 €
Corgo, O
127.691,37 €
Fonsagrada, A
125.131,11 €
Guntín
114.877,24 €
Meira
59.962,75 €
Monterroso
108.858,84 €
Negueira de Muñiz
66.477,00 €
Outeiro de Rei
107.752,01 €
Palas de Rei
124.951,63 €
Pol
81.764,61 €
Portomarín
90.176,88 €
Ribeira de Piquín
65.818,21 €
TOTAL

1.616.052,34 €

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com