Inicio  >  Empresa  >  Medio rural

A Fundación Semana Verde de Galicia (FSVG) será a encargada da divulgación e fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos mediante diversas actuacións

redacción GECG - 12/2/2010
A Fundación Semana Verde de Galicia (FSVG) será a encargada da divulgación e fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos mediante diversas actuacións
A Consellería do Medio Rural financiará, con 600.000 euros, estas actividades para o período 2010-2013. XUNTA.

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presentou esta tarde en Silleda o convenio de colaboración que manterá coa Fundación Semana Verde de Galicia (FSVG), presidida por Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, presente tamén no acto; para a promoción de actividades de recuperación, conservación e fomento das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción.

Este acordo procederá á divulgación das razas, dos prototipos raciais das asociacións de criadores e das capacidades produtivas destas castes. Para lograr tales fins, durante o ano 2010 organizaranse un certame monográfico profesional sobre a gandería e unha serie de actividades dedicadas á promoción e difusión das razas galegas e dos seus produtos.

Convenio

Medio Rural asinou este convenio por unha duración de catro anos, período 2010-2013, e por un importe máximo global de 600.000 €, a razón de 150.000 € anuais. Dita cantidade está cofinanciada a través do Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) para estes investimentos.

Sen ánimo de lucro

A Fundación Semana Verde de Galicia é unha institución sen ánimo de lucro creada no ano 1991 e declarada de interese galego. Entre os seus fins está o de contribuir ao desenvolvemento do sector agrario galego; promover a cooperación público-privada no desenvolvemento de actividades feirais e promocionais no campo agrario, alimentario, industrial e comercial; reforzar a posición estratéxica de Galicia como plataforma feiral para o desenvolvemento de grandes eventos estatais e internacionais e o impulso do Recinto Feiral de Galicia, situado no concello pontevedrés de Silleda, como un enclave estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico da nosa Comunidade Autónoma.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com