Inicio  >  Sociedad  >  Cultura

No centenario do seu nacemento

Roberto Varela define a Torrente Ballester como 'un dos mellores entre tantos homes e mulleres que fixeron e fan Galicia'

redacción GECG - 11/2/2010
Roberto Varela define a Torrente Ballester como
O conselleiro de Cultura e Turismo afirmou nos actos do Centenario de Torrente Ballester como unha oportunidade para “reivindicar e recordar a monumental obra poligráfica de Don Gonzalo”. A Consellería de Cultura e Turismo colabora nas actividades do Centenario relacionados cos obxectivos do Ano do Libro e da Lectura. Entre outras iniciativas, apoiaranse as visitas á Biblioteca de GTB, exposicións conmemorativas e o ciclo “Gonzalo Torrente Ballester e o cine”. XOÁN CRESPO.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou hoxe na presentación dos actos do Centenario de Torrente Ballester que “entre tantos homes e mulleres que fixeron e fan Galicia, penso eu que don Gonzalo é un igual entre os mellores”. Roberto Varela gabou a labor desempeñada por Gonzalo Torrente Ballester ao longo da súa prolífica vida, do que dixo que “a súa figura, a súa persoa e a súa polifacética obra sobreviven cunha absoluta vixencia e contemporaneidade”.

Na súa intervención, o conselleiro realizou unha revisión do legado literario deixado por Torrente Ballester con “cumios narrativos como Los gozos y las sombras ou La Saga/Fuga de J.B.” e destacou a relevancia do Centenario para “reivindicar, ou, a lo menos, recordar o traballo creativo e a monumental obra poligráfica de Don Gonzalo”. Segundo Roberto Varela, o programa de actividades presentado pretende “realzar, divulgar e acrecentar a enorme figura colectiva dun home de si bastante miúdo que cumpriría cen anos”.

O acto de presentación, desenvolvido esta tarde na Sala de Exposicións da Fundación Torrente Ballester de Santiago, contou coa presenza asemade do presidente do Padroado da Fundación, Álvaro Torrente Sánchez, o director de proxectos da Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturales, Jose Luis García Canido e os comisarios da mostra “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, Miguel Fernández Cid e Carmen Becerra.

Programa de actividades

A Conselleria de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, participa en diferentes actividades do Centenario, cohesionadas cos obxectivos presentados no programa do Ano do Libro e da Lectura 2010. Deste xeito, Cultura e Turismo colaborará nas visitas guiadas e na dinamización da Biblioteca de Gonzalo Torrente Ballester, o que implica a promoción da lectura e a aproximación ao mundo creativo de Torrente.

Nesta liña de apoio, a Consellería participará en dúas expsocións sobre a obra de Torrente Ballester. Trátase da mostra Ilustracións de Doménica, que exhibe os esbozos e debuxos orixinais de Maravillas Delgado para a prosa fantástica de Doménica, e Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester, unha gran exposición que repercutirá en tres ciclos de conferencias paralelos: A semana dos escritores, A semana dos críticos e A semana dos periodistas.

As actuacións da Consellería complétanse na presentación de varios libros apegados á temática de Torrente Ballester e nun complexo conxunto de actividades titulado Gonzalo Torrente Ballester e o cine que consistirá nunha exposición na que se abordan as relacións entre o escritor e o audiovisual, un importante ciclo de conferencias e un ciclo de cine.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com