Asoar-Armega satisfeita de que a dirección general de Marina Mercante estea de acordo no abaratamento e na mellora de novos equipamentos
redacción GECG - 11/2/2010
ASOAR-ARMEGA foi convocada onte a unha reunión de traballo pola “Dirección General de la Marina Mercante” sobre dispositivos de seguridade persoal no sector da pesca tras unha serie de xuntanzas e achegamentos que se veñen mantendo dende hai un ano con esta Dirección.
Segundo membros de Asoar-Armega, "se atendeu con boa disposición as nosas propostas a raíz do deseño de un estudio de viabilidade de chalecos salvavidas de traballo, tratando de traballar no abaratamento e na mellora de novos equipamentos que poidan adaptarse ás necesidades reais do sector, analizando a oferta existente no mercado sobre os equipos de protección individual (chalecos, traxes de augas, …) e vendo as dificultades no seu uso tendo en conta as súas características e capacidade de adaptación ao traballo diario no mar".
A reunión tivo lugar en Madrid na “Dirección General de la Marina Mercante” e asistiron representantes do Ministerio de Fomento, Ministerio do Medio Ambiente, Rural e Mariño e Ministerio de Traballo e Inmigración, o responsable da área de Formación do Instituto Social da Mariña (ISM), un representante do Instituto Tecnolóxico de Innovación Marítima (NOVAMAR), o Director de Normalización da Asociación Española de Certificación e Normalización (AENOR), a persoa responsable da realización de ensaios de EPIs do Centro Jovellanos de Gijón, o Conselleiro Técnico do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), ademais de engadir esta vez un representante de CEPESCA, a Ramón Sancho Técnico en Prevención de Riscos Laborais da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) e ao Secretario da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores.
Continuando con este traballo, a vindeira xuntanza terá lugar o dezaseis de marzo do presente ano en Madrid, e terá como obxectivo puntualizar os avances obtidos ata ese momento.