Inicio  >  Sociedad  >  Turismo  >  Turismo

Un estudo identificará trazados de ferrocarril do ADIF que quedaran en desuso e que puideran ser susceptibles de acoller vías verdes

redacción GECG - 11/2/2010
Un estudo identificará trazados de ferrocarril do ADIF que quedaran en desuso e que puideran ser susceptibles de acoller vías verdes
Do documento final extraerase unha conclusión sobre cal é o mellor aproveitamento turístico das vías verdes. XUNTA.

A posta en servizo da liña de alta velocidade entre Santiago de Compostela e A Coruña vén de deixar en desuso certos tramos da liña antiga do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) que agora a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo quere poñer en valor turístico coa creación de vías verdes.

Con este obxectivo, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo e a Fundación de los Ferrocarriles Españoles veñen de asinar un acordo para identificar os trazados de ferrocarril do ADIF que quedaron en desuso na provincia da Coruña e que puideran ser suceptibles de acoller vías verdes.

As vías verdes representan unha magnífica oportunidade para preservar o dominio público sobre os antigos trazados ferroviarios, ao tempo que permiten a recuperación ambiental do contorno natural polo que descorren.

Ademais, constitúen recursos de Turismo de Natureza que poden actuar como dinamizadores socioeconómicos das comarcas que atravesan. As vías verdes pódense converter en itinerarios vertebradores da oferta de Turismo Rural e Cutlural das zonas que atravesan e constitúen vías de comunicación non motorizadas, a través de espazos rurais libres de presións urbanas e estradas.

Localización

Segundo os datos da Dirección de Patrimonio e Urbanismo do ADIF en Galicia, as obras do trazado de alta velocidade entre Santiago de Compostela e A Coruña diron lugar a seis tramos en desuso na provincia da Coruña, cun total aproximado de 35 quilómetros.

Dacordo co convenio asinado entre Turgalicia e Fundación de los Ferrocarriles Españoles, realizarase un estudo destes tramos para avaliar a súa continuación lineal e o seu percorrido por tramos para a elaboración de fichas individualizadas que identifiquen cada cada un das partes do tazado e determinar as súas posibilidades para se converter en vía verde.

A execución dos traballos de identificación contempaldos no acordo levarase a cabo pola Área de Enxeñería da Dirección do Programa Vías Verdes da Fundación de los Ferrocarriles Españoles e será desenvolvido no prazo de tres meses.

Con esta iniciativa, Galicia incorpórase ao programa Vías Verdes, e unha vez vaian quedando máis tramos desafectados na rede galega do ADIF por mor da entrada en funcionamento de novos trazados ferroviarios, estenderase esta iniciativa ao resto da Comunidade autónoma.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com