Inicio  >  Sociedad  >  Turismo  >  Turismo

Un total de 103 establecementos da provincia de Pontevedra conseguen o distintivo de calidade turística

redacción GECG - 11/2/2010
Un total de 103 establecementos da provincia de Pontevedra conseguen o distintivo de calidade turística
Nun acto celebrado na sede de Turismo Rías Baixas, entregouse o distintivo de calidade turística a 103 establecementos da provincia que superaron con éxito as auditorías técnicas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED). REMITIDO.

A Deputación de Pontevedra anima á necesidade de incrementar a calidade no sector hosteleiro para que Pontevedra siga a representar máis do 50% do turismo que recibe anualmente Galicia e se consolide como referente nacional de calidade turística. Nun acto celebrado na sede de Turismo Rías Baixas, entregouse o distintivo de calidade turística a 103 establecementos da provincia que superaron con éxito as auditorías técnicas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).

A significación do distintivo de calidade turística cobra cada vez máis importancia e  Pontevedra foi, xunto con Barcelona, a primeira provincia de España en adherirse ao SICTED, un plan estatal que permite a aplicación de estándares de calidade intersectoriais, dun manual de boas prácticas e da implantación de sistemas de xestión e garantía de calidade polas empresas e servizos turísticos.

A Deputación e Turismo Rías Baixas traballa a diario por que isto sexa posible, nestes momentos, nos que en España operan un total de 93 destinos turísticos, Pontevedra ocupa o sétimo lugar.

Dun total de 3.700 entidades distinguidas a nivel nacional, máis de 100 empresas son da nosa provincia. Iso nos fai sentir orgullosos porque quere dicir que estamos a facer ben as cousas. O incremento nas cifras está sendo espectacular: das 42 empresas que obtiveron a distinción hai catro anos, pasamos ás 103 da presente. Dez máis que o ano pasado e 25 máis que o anterior.

Todos estes datos non veñen senón a confirmar que este proxecto é unha aposta segura para converter o destino turístico da provincia e as Rías Baixas nun destino competitivo, real e diferenciado grazas ó traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola calidade no servizo.

Hoteles e Apartamentos Turísticos (22 establecementos):

Cangas do Morrazo

     H. Apartamentos Turísticos Rodeiramar 2A

     Hostal Rodeiramar 2A

     Hotel Airiños

Marín

     Hotel Villa de Marín

O Grove

     Hotel Maruxía

     Hotel Norat

     Hotel Villa Juanita

Oia

     Hotel Talaso Atlántico

Poio

     Hotel Don Pepe

     Hotel Villa Covelo

Pontevedra

     Hotel Apartamentos Dabarca

     Hotel Avenida

     Hotel Galicia Palace

     Hotel Peregrina

     Hotel Rúas

     Vedra Hotel

Sanxenxo

     Hotel Nuevo Vichona

Vilaboa

     Hotel Rectoral de Cobres

Vigo

     Hotel América

     Hotel Ciudad de Vigo

     Hotel Pazo Los Escudos

     Hotel Zenit


Turismo Rural (20 establecementos)

Campolameiro

     Casa Rural A Avoa María

Cangas

     Casa Rural A Boubeta

     Casa Rural A Casa de Aldán

Poio

     Casa Rural A Rega

Soutomaior

     Casa Rural Casa da Barreira

Silleda

     Casa Rural Casa de Cacheiro

A Estrada

     Casa Rural Casa Do Avó

     Casa Rural O Palomar

Cambados

     Casa Rural Mariñeira Lourdes

Vila de Cruces

     Casa Rural San Ginés

Bueu

     Casa Rural Videira

Cotobade

     Casa Rural Vilalén

A Cañiza

     Casa Rural Escribana de Torgo

Barro

     Casa Rural Os Carballos

Moraña

     Casa Rural Pazo La Buzaca

Mondariz-Balneario

     Casa Rural Vinosobroso

     Pazos de Borbén

     Casa Rural Casa María da Pepa

Tomiño

     Casa Rural O Buxo

Vilaboa

     Casa Rural Pazo Larache

Oia

     Casa Rural Casa Puertas

Campings (5 establecementos)

Cangas

     Camping Liméns

O Grove

     Camping Moreiras

     Playa Paisaxe II O Grove

Pontevedra

     Camping os Fieitás

Vilanova de Arousa

     Playa Paisaxe I Vilanova


Restaurantes (7 establecimientos)

Nigrán

     Restaurante Los Abetos

Vigo

     Restaurante Marisquería Bahía

     Restaurante Red Delicious

Cangas do Morrazo

     Restaurante Mesón O Forte

Oia

     Restaurante O Faro-Talaso Atlántico

Lalín

     Restaurante O Fogar de Breogán

Cambados

     Restaurante Yayo Daporta


Museos e Centros de Interese Turística Visitable (13)

Arbo

     Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea ARBO

Vigo

     Museo del Mar

     Verbum. Casa das Palabras

     Museo Vigozoo

     Museo-Fundación Liste

Lalín

     Museo Etnográfico Casa do Patrón

O Grove

     Centro de Interpretación da Natureza de A Siradella

Tui

     Centro de Interpretación Parque Natural Monte Aloia

Cambados

     Museo Casa do Pescador

     Casa Museo Ramón Cabanillas

     Museo Etnográfico do Viño

     Museo Muíño das Mareas A Seca

Vilanova de Arousa

     Casa Museo Valle Inclán


Empresas de actividades deportivas y de ocio (16 establecimientos)

O Grove

     Cruceros Ángel

     Cruceros Arosa

     Cruceros do Ulla

     Cruceros Mares do Grove

     Cruceros Marifaneca-Cruceros Pelegrín

     Minicruceros Proba

     Cruceros Mondroa

     Cruceros Rías Baixas

     Cruceros Turimares

     Kurotán Charter

     Acquavisión Galicia

Lalín

     Desafío Ocio

Tui

     Arrepións

Vigo

     Sailway

Cangas

     Cangas Aventura

Vilagarcía de Arousa

     Galicia Marine Charter


Puertos deportivos (2 establecimientos)

Vigo

     Puerto Deportivo Marina Dávila Sport

Baiona

     Puerto Deportivo Monte Real Club de Yates


Agencias de Viajes (1 establecimiento)

Vigo

     Viajes Jet SA


Oficinas de Información Turística (8 oficinas)

Cangas

     O.T. Puerto-Concello de Cangas

Poio

     O.T. Concello de Poio. Casal de Ferreirós

Baiona

     O.T. Concello de Baiona

Cambados

     O.T. Concello de Cambados

Nigrán

     O.T. Concello de Nigrán

Ponteareas

     O.T. Concello de Ponteareas

Pontevedra

     O.T. Turismo Rías Baixas

O Grove

     O.T. Concello O Grove


Praias (6 praias)

Cangas

     Playa Rodeira

Nigrán

     Playa América

     Playa Panxón

     Playa Patos

A Guarda

     Playa Area

     Playa O Muíño


Outros servizos  (3 establecementos)

O Porriño

     Vigoocio

Pontevedra

     Taxi José Aurelio Vázquez Posa

O Grove

     Academia Vox Populi 

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com