Inicio  >  Sociedad  >  Agenda

13/2/2010 - 12.00
'Vicus x Haití', 150 artistas na Casa das Artes de Vigo

redacción GECG
A exposición "Vicus x Haití", que dende o 13 de febreiro ao 7 de marzo reunirá obras de 150 artistas na Casa das Artes de Vigo baixo a coordinación de Mingos Teixeira, recadará fondos para o país caribeño. O íntegro do acadado pola venda das obras de arte, que se poderán adquirir ao 50% do prezo habitual de cada artista, destinarase á axuda de nenos e nenas a través de Unicef na súa conta
 
Caixanova 2080 0462 41 0040114788

“Vigo ten que seguir demostrando unha cualidade que sempre tivemos, como é a solidariedade”, asegurou o tenente de alcalde Santiago Domínguez na presentación da mostra. Destacou que o terremoto do 12 de xaneiro viu afondar na situación dun país empobrecido, polo que manifestou que os que teñen “o privilexio de ter cubertas as necesidades teñen que valorar a súa posición e non mirar para outro lado”. Ao seu xuízo, o primeiro mundo “é culpable de que exista pobreza no mundo e de que morran 200.000 persoas porque viven en infravivendas”.

A inauguración oficial da Mostra, xa que conta co apoio institucional do Concello de Vigo, será o vindeiro sábado día 13 ás 12.00 h., e asistirán o Alcalde de Vigo Abel Caballero, o Tenente de Alcalde, Santiago Domínguez e o Concelleriro de Cultura Xesús López Carreira, ademáis dos artistas e xente da Cultura Viguesa que queren arroupar coa súa presenza esta iniciativa solidaria para os máis desfavorecidos do desastre de Haití, como é a infancia.

 
 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com