Inicio  >  Ayuntamientos

Cores Tourís insiste en que os terreos da futura ampliación dos xulgados da Parda están en solo urbano consolidado

redacción GECG - 8/2/2010

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, pídelle ao concello de Pontevedra que non se escude no Plan do Litoral para intentar obrigar ao goberno autonómico a declarar supramunicipal a ampliación dos xulgados de A Parda, xa que os terreos afectados atópanse en solo clasificado como urbano consolidado polo planeamento vixente.

“As declaracións vertidas dende o grupo de Goberno local de Pontevedra veñen a demostrar que os responsables municipais non tiveron a preocupación de ler a normativa ou, dende logo, non a comprenderon, xa que a aplicación da catalogación de solo urbano consolidado nos terreos do futuro edificio xudicial está contemplado no artigo 3 da norma do Plan”, engadiu o delegado territorial.

Neste artigo explícase que ata que o planeamento urbanístico se adapte ao presente plan, quedarán excluídos da súa aplicación os chans clasificados a súa entrada en vigor como urbanos consolidados, núcleos rurais ou aqueles que conten cun instrumento de desenrolo e xestión aprobado definitivamente. “Polo tanto non é necesaria a redacción dun plan sectorial”.

Deste xeito, Cores Tourís negou que sexa certo que o Plan do Litoral asigne o réxime xurídixo de protección do bosque no solar reservado na Parda.

José Manuel Cores Tourís insistiu en que “cabe mencionar que dende o concello de Pontevedra non se remitiu documentación algunha contestando á solicitude de información que dende a Xunta realizouse durante a fase de análise do POL ao obxecto de mellorar as fontes de información para a realización dun plan que é un documento extenso e complexo e que foi realizado por un amplo e pluridisciplinar equipo de profesionais, o que quere dicir que esixe unha lectura atenta”.

José Manuel Cores Tourís volveu a solicitarlle ao goberno local de Pontevedra que poña “canto antes” a disposición da Xunta os terreos necesarios para a execución da ampliación dos xulgados “xa que a Consellería de Presidencia conta xa cos fondos necesarios para poñer en marcha esta obra”.

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com