Inicio  >  Xacobeo

Máis de 250 mozos e mozas xa se inscribiron para participar no voluntariado do Xacobeo

redacción GECG - 8/2/2010

Máis de 250 mozos e mozas, tanto de Galicia como de toda Europa, xa se teñen inscrito para participar como voluntarios durante o ano Xacobeo. En concreto, trátase das persoas que desenvolverán os labores do voluntariado local, europeo e sanitario, o que permitirá que, por primeira vez, haberá voluntarios presente nos nove camiños de Santiago.

En concreto, en menos dun mes, máis de 120 persoas apuntáronse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, para participar como voluntariado local. O prazo para inscribirse comezou o pasado 15 de xaneiro.

As tarefas que desenvolverán os participantes serán, basicamente, informativas, culturais e de enlace dos peregrinos con outros organismos e persoas.

Os requisitos son ser maior de 18 anos (sen límite de idade) e obter a cualificación de apto nos cursos de formación en liña dirixidas aos voluntarios –que comezarán en febreiro e se prolongarán ata xuño-, que teñen como obxectivo que a atención sexa o mellor e máis técnica posible. Contarán, tamén, cunha guía informativa. A maiores, os coordinadores dos voluntarios terán un curso presencial no mes de marzo.

No que se refire ao voluntariado europeo, que supón a primeira ocasión na que voluntarios internacionais participarán no Xacobeo, a súa posta en marcha en abril permitirá garantir a atención en distintos idiomas nos albergues do Camiño francés.

Os 30 participantes proceden de 19 países da Unión Europea. Ao chegar, asistirán durante dúas semanas a un curso de inmersión lingüística, e a outro de formación especializada na historia, significado e características do camiño, a fin de que poidan exercer como informadores dos peregrinos cos boas garantías. Con este obxectivo, percorrerán tamén o tramo galego do Camiño Francés.

Entre maio e setembro, desprazaranse aos albergues do Camiño francés, no tramo galego, para colaborar cos hospitaleiros, especialmente no labor de información e difusión da ruta e dos seus recursos.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Xuventude, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, ten desenvolvido, entre decembro e xaneiro, un curso no que tomaron parte un cento de estudantes da Facultade de Medicina e da Escola de Enfermería, co fin de formar a voluntarios especializados que participará como apoio sanitario no Camiño de Santiago durante o período estival

.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com