Inicio  >  Galicia

A Consellería de Educación entrega ao concello de Brión as chaves do antigo ies de Esparís-Viceso para que decida o seu uso futuro

redacción GECG - 8/2/2010

O Concello de Brión xa ten no seu poder as chaves do antigo IES Esparís- Viceso, unha vez que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou os trámites de devolución do edificio e a parcela, ao non ter previsto o seu uso con fins educativos. Deste modo as instalacións do antigo instituto volven ao seu propietario orixinal, que é o Concello de Brión, tal e como consta no Rexistro da Propiedade.

O IES de Esparís deixou de funcionar con fins educativos en xaneiro de 2008 cando, por quedar obsoletas as súas instalacións, o alumnado foi trasladado ao novo IES de Brión. As instalacións foron empregadas para fins docentes desde o curso 1998-1999 ata fai dous anos cando os alumnos e alumnas comezaron as clases nos novos edificios de Pedrouzos.

Tras máis de un ano en desuso e diante das peticións da Alcaldía, a Inspección educativa realizou un informe de avaliación do estado e posible uso do antigo IES. En dito estudo asegúrase que o terreo de sete mil metros cadrados non será empregado para acoller a estudantes debido a que está situado nun entorno rural, algo lonxe das principais vías de comunicación, e a que non ten posibilidade de recuperar o seu uso inicial xa que o IES de Brión cubre todas as demandas e necesidades do alumnado da zona, tanto escolares como extraescolares.

O resultado de dito informe derivou na tramitación da devolución do edificio que determina que o antigo IES de Esparís xa non é necesario para desenvolver as actividades docentes para e que foi construído, nin esta previsto que sexa así no futuro. Por este motivo procedese á reversión do inmoble ao seu titular orixinal, o Concello de Brión que será o responsable de decidir o futuro uso das antigas instalacións educativas.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com