Inicio  >  Otra información  >  Educación

As primeiras actividades da axenda 21 escolar Galicia da provincia de Ourense inicianse mañá nos colexios do Barco de Valdeorras e no de Carballeda de Valdeorras

redacción GECG - 8/2/2010

As primeiras actividades da Axenda 21 Escolar de Galicia do presente ano escolar para a provincia de Ourense celebraranse entre o martes 9 de febreiro e o mércores 10 nos centros de ensino dos concellos de O Barco de Valdeorras e Carballeda de Valdeorras. Así os técnicos da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe realizarán seis visitas á cinco centros educativos (CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurrirán, CEIP Ramón Otero Pedraio, EIS Lauro Olmo e IES Martaguisela) do Barco e un de Carballeda de Valdeorras (CEIP Casaio).

Esta actividade forma parte do programa de 11 accións da A21EG que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente na provincia de Ourense. Un total de 11 proxectos formativos que, ao longo do presente curso 2009/10 se desenvolverán en 11 centros educativos de sete concellos da provincia de Ourense (Ourense, Verín, Coles, Cualedro, Riós, O Barco de Valdeorras e Carballeda de Valdeorras).

Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas apóstase por este tipo de actividades xa que constitúen un foro de encontro e de participación no que se abordan temas esenciais para a divulgación do coidado e protección co medio ambiente, como: a reciclaxe, a xestión da auga, os hábitos enerxéticos, os impactos paisaxísticos, á vez que se potencia a participación democrática do alumnado na toma de decisións.

O programa Axenda 21 Escolar de Galicia é un plan que inclúe unha serie de accións que facilitan unha adecuada implantación e desenvolvemento dos proxectos propostos. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, desenvolverá un total de 46 proxectos formativos de iniciativa Axenda 21 Escolar de Galicia, ao longo do presente curso 2009/10 nos centros educativos da Comunidade galega.

As actividades xirarán en torno a tres eixos temáticos: paisaxe e territorio, sostibilidade no centro educativo e experiencias educativas vinculadas ao entorno local. Outros temas a tratar son a reciclaxe, o aforro de auga ou a redución da emisión de dióxido de carbono. Para a posta en marcha e desenvolvemento destas actividades de educación ambiental a Consellería de Medio Ambiente aporta un orzamento de 200.000 euros.

Integración paulatina

A Axenda 21 Escolar de Galicia pretende integrarse paulatinamente no programa de centros educativos, fomentando a participación activa e responsables do alumnado e o desenvolvemento curricular das competencias básicas, especialmente as relacionadas coas iniciativas e autonomía persoal e a competencia social e cidadá, abordando temáticas diversas dende a perspectiva sa sostibilidade.

Ata o de agora xa se realizaron visitas de asesormanento e seguimento en 26 dos 46 centros que forman parte da A21EG deste ano, é dicir, un 56%. Estas visitas teñen como obxectivo orientar os proxectos da A21EG de cada centro dun xeito personalizado, dentro das directrices xerais establecidas no programa. As previsións dos representantes da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe é que a finais do presente mes se rematen estas primeiras visitas e así proseguir co desenvolvemento das actividades programadas.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com