Inicio  >  Empresa  >  Mar

Rosa Quintana contará coas mariscadoras para a elaboración dun plan de recuperación de zonas improdutivas

redacción GECG - 8/2/2010
Rosa Quintana contará coas mariscadoras para a elaboración dun plan de recuperación de zonas improdutivas
Rosa Quintana quere que o marisqueo a pé sexa “de novo recoñecido e valorado en toda a Unión Europea”. XOÁN CRESPO.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, solicitou a implicación das mariscadoras a pé na elaboración do plan de recuperación das zonas improdutivas porque, segundo dixo, “vós sodes as que mellor coñecedes as vosas zonas”. Na inauguración do VI Encontro de mariscadoras a pé, a titular de Mar, destacou a importancia deste proxecto no que está a traballar o seu departamento de cara ao desenvolvemento das zonas costeiras e como xerador de emprego “nestes momentos no que fai tanta falla”.

Así, a conselleira incidiu en que os proxectos de rexeneración e ampliación dos espazos marisqueiros é un dos obxectivos da súa Consellería, pero destacou que “camiñando xuntas, da man, Administración e mariscadoras, conseguiremos incrementar as zonas de produción” e amosou a súa esperanza de “acadar as cifras de antes, cando en Galicia había unhas 20.000 mariscadoras”. Para iso, pediu a colaboración das profesionais do mar e díxolles que “os técnicos da Consellería do Mar están á vosa disposición”.

Na súa intervención Rosa Quintana reclamou o apoio das mariscadoras na loita contra o furtivismo do que se declarou “unha firme inimiga”. “Nós sós non podemos, necesitamos a implicación do sector, Administración e sociedade en xeral”, dixo. A conselleira incidiu en que “temos que demostrar que o marisco extraído polas mariscadoras é o único que os consumidores deben levar ás súas casas con totais garantías de que é san e bo.”

Rosa Quintana animou ás mariscadoras, ás que considera “como unha parte da miña familia”, a traballar xuntas e unidas “para entre todos conseguir que de novo o marisqueo a pé sexa recoñecido e valorado no só a nivel galego senón en toda a Unión Europea”.

Por último, a responsable do Mar, lembrou a importancia de recuperar este tipo de eventos, no que está a participar máis de 100 mariscadoras representantes do sector, que serven para intercambiar experiencias, para aprender unhas das outras, debater os temas que afectan ao desenvolvemento do marisqueo a pé e establecer metas de cara aos vindeiros anos para “deseñar o camiño de cara ao futuro”.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Audio da conselleira no Encontro.
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com