Inicio  >  Sociedad  >  Sociedad

A Xunta solicita ao Parlamento a celebración do debate de política xeral no vindeiro mes de marzo

redacción GECG - 8/2/2010

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de solicitar ao Parlamento de Galicia, en nome da Xunta, a celebración do debate de política xeral no vindeiro mes de marzo, no que comparecería o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, para informar e debater respecto da situación política da Comunide Autónoma.

O tamén coñecido como debate sobre o estado da autonomía arranca coa intervencion do presidente da Xunta e despois toman a palabra os representantes dos grupos parlamentarios, tras o que se procede á presentación de propostas de resolución que os devanditos grupos estimen oportunas co fin de ser debatidas e votadas posteriormente.

Onte mesmo a Xunta presentou no rexistro da Cámara a petición de que se celebre este debate de política xeral no mes de marzo, nunha sesión plenaria específica e distinta das sesións ordinarias xa establecidas no calendario aprobado pola Xunta de Portavoces.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com