Inicio  >  Ayuntamientos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará as obras de reforzo do firme e mellora de varias interseccións na estrada LU-120, concretamente no treito que discorre entre Vilalba e o Cruce de Arneiro, no mes de marzo. O de

redacción GECG - 8/2/2010

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará as obras de reforzo do firme e mellora de varias interseccións na estrada LU-120, concretamente no treito que discorre entre Vilalba e o Cruce de Arneiro, no mes de marzo. O departamento que dirixe Agustín Hernández vén de adxudicar este proxecto viario por un importe de case máis de 3,5 millóns de euros (3.524.032), á empresa Probisa Tecnología y Construcción, S.L. Esta actuación ten un prazo de execución de doce meses.

As accións que se levarán a cabo nestes puntos teñen por obxectivo a rehabilitación do firme, que se atopa bastante deteriorado na actualidade, e a mellora da seguridade vial deste treito. O vial a reparar sitúase entre o enlace coa N-634 nas proximidades da localidade lucense de Vilalba, no punto quilométrico 0+000, e o enlace de Arneiro coa LU-113, pq 14+270, e ten unha lonxitude duns 14,3 quilómetros. As características desta estrada son as dunha calzada única, con dobre sentido de circulación, con carrís de 3,5 metros de ancho e beiravías arredor de 1,5 metros.

Para facer as actuacións traballarase no saneo do firme para a posterior execución dunha nova capa de rodadura. Tamén, se levará a cabo a desmontaxe das barreiras metálicas que existen na actualidade e a demolición das beirarrúas da travesía de O Santo, que se reconstruirán, cara o punto quilométrico 11.

Actuacións

Por motivos da mellora da seguridade vial, sobre todo na protección dos motoristas, adaptarase a vía á normativa vixente en todos os sistemas de contención. Inclúese a retirada das barreiras metálicas existentes, posto que ao realizarse o reforzo da cota superior do firme quedará 12 cm. por enriba da súa cota actual, polo que non se cumprirán os requisitos esixidos pola normativa en canto a alturas das barreiras. Así, substituiranse os pretiles metálicos existentes por outros adaptados á normativa. Así mesmo, levarase a cabo o acondicionamento dos principais accesos á estrada, polo que se colocarán, onde sexa posible, pequenas cuñas de entrada e saída, co fin de facilitar a incorporación dos vehículos.

Redución da velocidade

Por outra banda, a zona da travesía de O Santo verase mellorada coa finalidade de lograr unha redución da velocidade, que tende a ser moi alta dado o favorable trazado existente na rúa, xa que, a maior parte, é unha longa recta onde os vehículos acadan velocidades bastante altas. Ademais, cambiaranse as beirarrúas existentes, xa que se atopan en moi mal estado. Co fin e lograr unha axeitada mellora dos parámetros de seguridade vial da estrada, substituiranse naqueles treitos onde sexa posible, as actuais gabias de terra profunda por gabias de seguridade.

Por último, realizaranse traballos para a mellora da sinalización horizontal e vertical e o balizamento e defensa da estrada. Ademais de establecer dúas zonas de aparcamento de 2,50 metros de ancho. Esta vía pertence á Rede Primaria Complementaria, dependente da Xunta de Galicia e beneficiará a máis de 20.600 persoas que viven nos concellos lucenses de Vilalba e Cospeito.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com