Inicio  >  Galicia

O Goberno galego adxudica as obras de reforzo do firme e mellora de interseccións no treito Sarria-Alto do hospital (LU-633) por un valor de case 6,5 millóns de euros

redacción GECG - 8/2/2010

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou definitivamente as obras de reforzo do firme e mellora das interseccións na estrada que conecta as localidades de Pedrafita e Palas de Rei (LU-633), concretamente nos treitos Sarria- Paradela e Paradela- Alto do Hospital.

A Xunta de Galicia achegará un importe económico de preto de 6,5 millóns de euros para a execución das accións de mellora nestes dous tramos. O propósito primordial destas obras, que correrán a cargo da empresa adxudicataria Ovisa Pavimentos y Obras S.A, é incrementar a seguridade viaria, facilitando a condución dos usuarios da vía e reducindo consecuentemente a sinistralidade.

Sarria- Paradela

Por unha parte, actuarase sobre o treito que discorre entre Sarria e Paradela, intervalo que precisa dun orzamento de case 2,5 millóns de euros (2.457.830).

O departamento responsable en materia de Infraestruturas leva a cabo esta actuación debido ao mal estado actual do firme, polo que a maior parte das cunetas serán revestidas. Tamén se realizará un desbroce de toda a lonxitude das mesmas e prevese a construción de cunetas de seguridade nas zonas de cambios de peralte.

Os traballos de reforzo afectarán ao treito que discorre dende o punto quilométrico 50+400 ata o 63+300, polo que a inversión do departamento que dirixe Agustín Hernández servirá para mellorar o trazado de case 13 quilómetros da citada estrada.

Na actualidade, estanse a executar traballos de fresado e posteriormente, estenderanse varias capas de aglomerado e procederase ao pintado da estrada.

No relativo aos traballos de sinalización, balizamento e defensas, preténdese aumentar a seguridade, eficacia e comodidade da circulación e ademais informar, ordenar ou regular o tráfico rodado e peonil. Por outra banda, estase a definir a necesidade de instalar sistemas de protección de motoristas en puntos críticos.

Por último, para mellorar as interseccións neste treito, proxéctase a creación de 3 tipos de accesos: accesos a vivendas, accesos a predios ou camiños de terra.

Os concellos afectados por esta actuación, que se prolongará por 12 meses, son Sarria, Láncara, Paradela, Portomarín e Samos, polo que esta acción viaria beneficiará a 22.291 habitantes destes concellos da provincia de Lugo. A Consellería estima que as obras estarán rematadas neste mesmo verán.

Paradela - Alto do Hospital

Por outra parte, tamén se prevé que se execute o reforzo do firme e mellora de intersección no treito que une Paradela e Alto do Hospital, correspondente ao intervalo comprendido entre os puntos quilométricos 63+200 e o 84+300, continuación do tramo anterior. A Xunta de Galicia investirá preto de 4 millóns de euros nestas actuacións que teñen como obxectivo primordial a mellora da seguridade viaria a través do reforzo do firme e o acondicionamento de accesos e interseccións.

Cómpre sinalar que as unidades principais de obra incidirán nun treito cuxa lonxitude é de 21,1 quilómetros. Realizarase unha escavación de 8.128 metros cadrados, estenderase mestura bituminosa quente e procederase aos traballos de desbroce e limpeza. Tamén se levará a cabo a reposición de sinalización, balizamentos e defensas.

As citadas accións de mellora, que teñen un prazo de execución dun ano, benefician a 17.507 habitantes distribuídos nos concellos de Sarria, Paradela e Portomarín.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com