Inicio  >  Galicia  >  Mar

A consellería do Mar reunirase cos bateeiros e confrarías a petición do sector para ampliar a información sobre os cambios nas análises das biotoxinas mariñas

redacción GECG - 7/2/2010

Técnicos do INTECMAR xunto con outros representantes da Consellería do Mar, manterán un encontro cos bateeiros logo de que os representantes do sector así llo solicitaran. Os mexilloeiros trasladaron á Dirección xeral de Competitividade e Innovación a súa preocupación sobre a proposta da Comisión Europea respecto do cambio de método analítico de control e do cambio dos niveis de referencia de presencia e biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos.

Logo da reunión organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe do Mexillón de Galicia o pasado venres 21 de xaneiro en Vilagarcía na que se tratou o tema cun representante da Comisión Europea e coa directora do Laboratorio Comunitario de Referencia en Biotoxinas Mariñas, o sector demanda esta reunión ante a “confusión que reina” e a falla de claridade sobre o mesmo. Os bateeiros solicitan un encontro cos responsables da Consellería do Mar, que non asistiron á reunión mantida en Vilagarcía ao non ser convocados.


Membros do sector bateeiro amosaron a súa preocupación tras coñecer no devandito encontro, celebrado o pasado día 21, a postura da Comisión Europea e as súas pretensións sobre o método analítico de control e os niveis de biotoxinas ao non considerala clarificadora. 


A Consellería do Mar convocará nos vindeiros días aos membros do sector a unha reunión na que estarán presentes diversos técnicos do INTECMAR para explicar a visión da Xunta sobre o tema e aos que poderán expor as súas preocupacións.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com