O Turismo galego promociónase no certame Salóns des Vacances que se celebra entre os días 4 e 7 de febreiro en Bruxelas. Tras a participación na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR 2010, a Consellería de Cultural e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e de Turgalicia leva aos Países Baixos as ofertas turísticas galegas e como estrela o Xacobeo 2010.
Nesta feira, farase unha presentación da oferta turística global da Comunidad galega para o ano 2010, e incidirase nos acontecementos culturais que teñen lugar ó longo deste ano e nas distintas modalidades turísticas que se poden practicar en Galicia.
No Salóns des Vacances, Turgalicia contará cun espazo promocional propio dentro do stand de Turespaña para presentar os produtos galegos aos operadores turísticos e ao público dos Países Baixos.
O Salón de Vacances, é unha feira aberta ao público xeral de gran transcendencia para a promoción do Turismo de Galicia no ámbito dos Países Baixos e a presenza da nosa comunidade neste certame considérase de especial interese debido ao público obxectivo que adoitar visitalo.
Segundo a enquisa de Turismo estival que realiza Turgalicia, en colaboración co departamento de Estatística da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, os turistas que se achegan a Galicia procedentes dos Países Baixos, fan un gasto por riba da media e entre as súas preferencias están as relacionadas coa natureza, a cultura e o descanso.