Inicio  >  Galicia  >  Laboral

A FGE forma a inmigrantes e retornados para favorecer o autoemprego no colectivo

redacción GECG - 3/2/2010

A FGE, en colaboración con BIC Galicia, inicia hoxe en Lugo- no Centro de Empresarios- a primeira das xornadas de formación dun ciclo de Seminarios para Emprendedores da Fundación Galicia Emigración que aposta pola creación e consolidación de empresas, mellorando así empregabilidade do colectivo.
No curso referido á Motivación Emprendedora- e dunha xornada de duración- axentes especializados asesorarán ao alumnado e analizarán a viablilidade dos posibles proxectos e os recursos materiais e humanos para poñelos en marcha.

Entre os obxectivos do curso, totalmente de balde para os interesados, trátase a figura do emprendedor e a relación do éxito da empresa a través e as características persoais do emprendedor a través de casos reais de negocio implantados en Galicia.

Co apoio destas iniciativas emprendedoras a Fundación Galicia Emigración busca mellorar o perfil do emprendedor- desde a súa polivalencioa e empregabilidade- e a súa posterior integración no mercado laboral galego, polo que apoia a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan estes seminarios.

O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas levadas a cabo por inmigrantes e emigrantes retornados con algún interese en emprender unha actividade empresarial.

O ciclo de Seminarios para Emprendedores completarase cun Seminario para Xeración, Maduración e Avaliciación das ideas empresariais- que transcorrerá ao longo do mes de febreiro e marzo- e un Seminario para Creación de Novos Proxectos de Empresa.

Os interesados para posteriores cursos de formación haberán de dirixirse á Fundación Galicia Emigración.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com