Inicio  >  Sociedad  >  Turismo  >  Turismo

Turgalicia e Iberia asinan un acordo para a promoción turística de Galicia en España e no exterior

redacción GECG - 2/2/2010
Turgalicia e Iberia asinan un acordo para a promoción turística de Galicia en España e no exterior
A compañía aérea incluirá descontos aos visitantes que se acheguen a coñecer Galicia a través de fam-trips e demais viaxes de familiarización que teñan a comunidade autónoma como destino. XUNTA.

A conselleira delegada da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, Carmen Pardo López, e o xefe da Unidade de sevizos de Ventas de Iberia, Javier Giménez Vázquez, así como o xerente comercial Norte de compañía de transporte aéreo, Ricardo Gutiérrez Sánchez, asinaron hoxe un acordo entre as dúas sociedades co obxecto de favorecer a promoción turística de Galicia, tanto no resto de España como no estranxeiro, de xeito que os profesionais do turismo que se acheguen á Comunidade galega durante este ano poderán ter descontos nos billetes de avión.

Pola súa parte, Turgalicia insertará en todo o seu material promocional o logotipo de Iberia como transportista oficial e inserirá un link na súa páxina web para a promoción da compañía de transporte aéreo Iberia.

Viaxes de familiarización

Por medio deste acordo, que inclúe descontos nos billetes de entre o 20 e 0 50 por cento, poderanse reservar prazas para grupos, considerados estes formados por un número superior a nove pasaxeiros. Trátase de potenciar os chamados fam-trips e viaxes de familiarización que teñan Galicia como destino.

Deste xeito, poderán acollerse a este acordo colectivos de operadores turísticos e xornalistas especializados en Turismo que visiten Galicia desde os mercados emisores nos que opera Iberia ao obxecto de organizar viaxes de familiarización para que estes tomen contacto co destino turístico Galicia.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com