Inicio  >  Galicia  >  Economía

Para a recuperación das comarcas mineiras de Galicia

Xunta, concellos e sindicatos acordan aunar na mesa para o desenvolvemento do plano do carbón todas as actuacións

redacción GECG - 29/1/2010

A Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón 2006-2012, que aglutina ao Goberno da Xunta, a través da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, aos concellos de As Pontes e Cerceda e aos sindicatos UGT e CC OO, será o órgano e interlocutor único para o control e seguimento de todas as actuacións públicas e privadas encamiñadas ao desenvolvemento e reactivación das comarcas mineiras de Galicia. Así o decidiron todos os seus compoñentes por unanimididade, logo dunha xuntanza mantida recentemente na Consellería de Economía e Industria.

A Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón acordou tamén, por unanimidade, dar traslado á Oficina de Captación de Proxectos e Inversións do concello de Cerceda e ao Instituto Pontés de Promoción Económica do concello de As Pontes do listado de persoal excedente da industria auxiliar galega da minería do carbón. O obxectivo fundamental desta iniciativa é unha actualización do devandito listado, que pode implicar novas altas e baixas, e poñer en marcha as actuacións encamiñadas á intermediación laboral para recolocar aos traballadores.

Por outra banda, os compoñentes da Mesa acordaron que a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria efectúe un requirimento a todas e cada unha das empresas beneficiarias das axudas con cargo aos fondos do Plano do Carbón 2006-2012 para que obteña información da evolución da execución dos compromisos de colocación de persoal excedente da industria auxiliar, recordándolles que este compromiso terá que ser efectivo antes do 31 de agosto de 2010 para os proxectos da convocatoria de axudas de 2007, e o 31 de agosto de 2011 para os de 2008. Asemade, requirirase ás empresas que identifiquen de xeito preciso o perfil do persoal a contratar.

Os integrantes da Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón decidiron tamén que sexan a Oficina de Captación de Proxectos e Inversións do concello de Cerceda e o Instituto Pontés de Promoción Económica do concello de As Pontes as que elaboren un inventario das necesidades formativas e dos planos formativos específicos antes do 31 de agosto coa información facilitada polas empresas á Dirección Xeral.

Do mesmo xeito, enviarase unha comunicación ás empresas que teñan participado na convocatoria de axudas de 2009 para proxectos empresariais xeradores de emprego dentro deste plano para que indiquen os seus compromisos de recolocación do persoal da Industria auxiliar.

Con estes pasos, a Mesa para o Desenvolvemento do Plano do Carbón 2006-2012 garante unha acción coordinada e eficaz para a reactivación e o desenvolvemento das comarcas mineiras de Galicia.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com