Inicio  >  Galicia  >  Galicia exterior

O delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires presenta en Villa Gesell a exposición 'Miradas no Camiño de Santiago'

redacción GECG - 29/1/2010
O delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires presenta en Villa Gesell a exposición
Alejandro López Dobarro explicou que esta mostra fará este ano un percorrido pola xeografía arxentina para dar a coñecer o Xacobeo 2010. XUNTA.

O Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, presentou este xoves na localidade bonaerense de Villa Gesell a exposición “Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010”.

O acto de presentación oficial da mostra tivo lugar no Santuario Apóstolo de Villa Gesell coa participación de membros da Confraría de Santiago Apóstolo e do Club Español, entre o público asistente.

López Dobarro expresou a súa satisfacción por concorrer por segunda vez a esta localidade convidado para celebracións relacionadas coa colectividade galega, logo da súa designación como Hóspede de Honor o pasado mes de outubro. Neste sentido, asegurou que esta mostra percorrerá diversos puntos da xeografía arxentina pero existía o “compromiso” de comezar por Villa Gesell, onde existe un vínculo tan marcado con Compostela. Así, asegurou que “Santiago é un punto de unión, esteamos onde esteamos, e que nos convida ao camiño a procurar as nosas metas”.

O Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires agradeceu ao público asistente a súa participación neste acto de presentación e anunciou que a partir da semana próxima tamén poderá verse parte da mostra na Casa da Cultura de Villa Gesell.

Olladas no Camiño de Santiago

Olladas no Camiño de Santiago é unha exposición fotográfica organizada pola Xunta de Galicia para difundir en Arxentina o Xacobeo 2010 e as características e o sentido da peregrinaxe a Compostela. En total, son 70 imaxes de seis fotógrafos galegos-Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xullo Villariño e Tino Viz - que narran o espírito, as personaxes e as paisaxes do Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

Villa Gesell é o primeiro punto do percorrido que levará esta exposición por toda a xeografía arxentina, logo de que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugurase a mostra no Pavillón das Bellas Artes da Universidade Católica, na Cidade Autónoma de Buenos Aires no mes de decembro de 2009.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com