Inicio  >  Galicia  >  Laboral

Traballo priorizará nos programas de cooperación aos concellos afectados pola crise do sector da lousa

redacción GECG - 27/1/2010

O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, informou hoxe aos membros da comisión mixta do acordo para o fomento do emprego nos concellos con traballadores afectados pola crise da lousa (Plan Laxa), que a Xunta priorizará nos programas de cooperación aos concellos que estean afectados pola crise deste sector.

A mesa, que se reúne con Hermida por terceira vez, está formada polos alcaldes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga e o Barco de Valdeorras en representación da FEGAMP, así como os xefes territoriais da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo e Ourense, que co propio director representan á Xunta.

Ante a caducidade do Plan Laxa, que era considerado como excepcional só para 2009, Hermida informou aos alcaldes das tres localidades que, como alternativa, o Goberno galego será flexible nos programas de cooperación cos concellos nos que están a pechar empresas da lousa.

De esta forma, a Consellería de Traballo e Benestar introducirá un novo apartado na orde que regula para o ano 2010 as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais, no que se explica que nos baremos de selección dos proxectos terase en conta, cunha especial sensibilidade e prioridade, aos traballadores e traballadoras que perderon o seu posto laboral nas empresas de extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos de lousa como consecuencia da actual situación económica.

Axudas da Xunta

Por outra banda, o director xeral de Promoción do Emprego lembrou que a Xunta ten diferentes tipos de axudas para fomentar o emprego e dinamizar a economía.

Así, recordou que o departamento de Traballo ten en marcha a publicación da convocatoria de axudas para o 2010 para apoiar o autoemprego dos desempregados e para fomentar a creación de empresas innovadoras que xeren emprego estable no ámbito local.

Ademais, Traballo e Benestar tamén promove, mediante subvencións, as iniciativas empresariais postas en marcha por persoas desempregadas, con especial atención aos concellos do rural galego, ademais de favorecer con axudas ás empresas innovadoras de contido científico ou tecnolóxico.

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com