Inicio  >  Otra información  >  Deporte  >  Hípica

A Copa do Mundo de Hípica Vigo 2010 celebrarase no Ifevi entre o 12 e o 14 de febreiro cos mellores xinetes

redacción GECG - 27/1/2010
A Copa do Mundo de Hípica Vigo 2010 celebrarase no Ifevi entre o 12 e o 14 de febreiro cos mellores xinetes
As autoridades durante a presentación. REMITIDA.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación da Copa do Mundo de Salto de Obstáculos Rolex FEI de Vigo 2010, que se celebrará no recinto feiral de Cotogrande durante o fin de semana do 12 ao 14 de febreiro e no que participarán os mellores xinetes e cabalos do mundo. Vigo será así por novena edición consecutiva a única cidade de España na que se celebrará a proba hípica en pista cuberta máis importante de toda a tempada ecuestre.

Acompañada pola vicepresidenta do comité organizador, Rosario Andrade; do tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez; e do presidente da Federación Galega de Hípica, Carlos Domínguez; ademais de distintas autoridades e patrocinadores do evento, a responsable do Goberno galego destacou a consolidación da Copa do Mundo de Saltos e a importancia que terá para promocionar a cidade a través do deporte. Neste senso, recalcou o elemento dinamizador e turístico do ano Xacobeo para que Vigo sexa un referente internacional coa celebración do certame ademais do impulso económico que isto conlevará.

Molares agradeceu así o apoio dos patrocinadores que “nun momento de crise” seguen apostando por este evento internacional ademais da colaboración que a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo continúan mantendo para que ano tras ano, e a pesares das dificultades que houbo nesta edición, o evento sexa finalmente unha realidade.

Pola súa banda, a vicepresidenta do comité organizador recalcou a colaboración que atopou tanto na Administración autonómica coma na local mentras que o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, destacou a importancia que terá a Copa do Mundo de Saltos para a promoción da cidade “en tempos de crise” ademais de ter un agradecemento especial para a delegada territorial polo “empeño que puso” no momento que soubo das dificultades que podía ter a organización desta novena edición.

O acto de presentación da proba hípica, esta mañá no Pazo Museo Quiñones de León, rematou coa imposición de escarapelas e a tradicional volta de honra por parte de catro xoves xinetes.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com