Inicio  >  Galicia  >  Economía

Economía e Industria cumprirá cos prazos da Lei de aproveitamento eólico aprobada en só 7 meses

redacción GECG - 25/1/2010

A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, traballa coa máxima dilixencia e celeridade para desatascar a situación de parálise eólica herdada do anterior Executivo, e reiterase no seu compromiso de cumprir escrupulosamente os prazos establecidos na Lei de Aproveitamento Eólico, aprobada en 7 meses.

Dende a Consellería de Economía e Industria traballase seguindo os ritmos marcados pola folla de ruta establecida dende o comezo da lexislatura, baseada na consecución eficaz dos traballos orientados a recuperar a posición de liderado de Galicia no desenvolvemento, produción e uso das enerxías renovables e moi especialmente da enerxía eólica.

O Goberno da Xunta quere conseguir un concurso obxectivo, transparente e solvente desde un punto de vista técnico, ademais o Executivo galego traballa tamén para combater e minimizar as consecuencias derivadas das incoherencias nas que ten incorrido o Goberno central co rexistro de preasignacións na retribución das enerxías renovables e máis concretamente na enerxía eólica.

De xeito que a Xunta de Galicia considera que desde o Goberno central non só se invaden as competencias autonómicas neste eido, se non que ademais se están a establecer unhas cotas e uns prazos para a entrada en funcionamento dos parques eólicos que a Administración galega non comparte.

Neste sentido, cómpre lembrar que dende o Executivo galego, en a penas 7 meses, aprobouse unha lei que garante de maneira efectiva unha compensación económica polo impacto medioambiental dos parques eólicos de Galicia e que simplifica considerablemente o procedemento administrativo de autorización dos parques eólicos.

Ademais, dende a Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas estase a tramitar un decreto de repotenciacións que vai supoñer un incremento da potencia eólica en Galicia, sen diminuír os 2.300 megavatios obxecto do concurso que se vai a convocar no mes de marzo.

Ao mesmo tempo, nos primeiros meses de lexislatura tamén se teñen autorizado un total de 220,65 megavatios, mentres que o anterior Executivo en toda a lexislatura autorizou 558,63 megavatios. No prazo de sete meses o novo Goberno da Xunta autorizou máis da metade dos megavatios licitados polo Goberno anterior en catro anos.

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com