Inicio  >  Galicia  >  Laboral

Aberto o prazo na AGASP para o adestramento no manexo de armas das policías locais de Galicia

redacción GECG - 23/1/2010

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) abriu o pasado xoves a inscrición no seu Plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas, dirixido a aqueles concellos que queiran cumprir co disposto no artigo 11 da Lei 4/2007, relativo a garantir unha adecuada preparación no uso da arma regulamentaria para o persoal dos corpos de policía local. Con este obxectivo, a AGASP establece un plan anual de adestramento, no que se inclúe unha práctica cuadrimestral para o persoal dos concellos interesados, e no que se poden inscribir os concellos interesados antes do día 12 de febreiro.

Os obxectivos deste plan son facilitar o cumprimento da devandita lei, dispoñer de persoal actualizado nas prácticas de armamento e tiro policial e defensa, controlar a práctica anual e regulamentaria de cada membro do cadro de persoal, mediante un control e unha cartilla de tiro individual, e establecer distintos niveis para categorías de tirador segundo a seguridade e habilidade que amosen no manexo das armas.

Unha vez recibidas na AGASP as solicitudes dos concellos establecerase unha quenda ou programa cuadrimestral para que cada municipio escolla a hora e a data que mellor se acomode á disposición do servizo do seu corpo de policía local. Ademais, todos aqueles concellos que adquirisen recentemente armas regulamentarias para a policía local terán preferencia para efectuar as prácticas regulamentarias, indispensables para un mellor coñecemento da nova arma e a adquisición da destreza suficiente para o seu manexo coa seguridade e habilidade necesarias.

As prácticas desenvolveranse na galería de tiro da sede da Academia, na Estrada. Para o desenvolvemento da actividade, os alumnos deberán traer cadansúa arma regulamentaria e a munición correspondente. A AGASP, pola súa banda, nomeará os profesores de instrutores necesarios.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com