Inicio  >  Sociedad  >  Turismo  >  FITUR 2010

A Xunta de Galicia posibilita a construción do parador de Muxía tras o acordo con Turespaña e co concello da Costa da Morte

redacción GECG - 22/1/2010
A Xunta de Galicia posibilita a construción do parador de Muxía tras o acordo con Turespaña e co concello da Costa da Morte
A acta asinada polas tres entidades supón para a Xunta a execución dunha partida orzamentaria cifrada en 312.000 euros, máis 90.000 abonados con anterioridade. XUNTA.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela reuniuse esta tarde en FITUR co alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto e o director xeral de Turespaña, Antonio Bernabé no que significou un encontro de gran transcendencia para desbloquear o Parador de Turismo de Muxía. Na reunión de traballo que mantiveron as tres entidades responsables do proxecto, Xunta de Galicia, Concello de Muxía e Turespaña, posibilitouse a construción do que se converterá no duodécimo parador de Turismo de España. A reunión, agardada por moitos polo seu significado, prolongouse durante máis de dúas horas e rematou cun acordo total por parte das tres institucións implicadas.

No encontro tamén estiveron presentes o secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Antonio Fernández Campa, o delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Diego Calvo, e a secretaria xeral de Turespaña, Isabel Garaña.

Roberto Varela matizou que a Xunta de Galicia “asume algo que non nos correspondía” pero pola súa implicación co plan de dinamización económica da Costa da Morte “a Xunta fai un esforzo especial. Imos sacar adiante este proxecto polo ben dos habitantes da Costa da Morte”. A acta asinada supón para a Xunta a execución dunha partida orzamentaria cifrada en 312.000 euros, máis outros 90.000 abonados con anterioridade.

O conselleiro de Cultura e Turismo, fixo patente o esforzo do seu departamento por desbloquear o proxecto do Parador de Turismo de Muxía asegurando que “foi unha xuntanza complexa pero quero amosar a miña satisfacción por chegar a un acordo con Turespaña. Fixemos todo o que estaba na nosa man para chegar a un acordo que finalmente conseguimos.” Tocante as fases e responsabilidades que deberán asumir cada entidade , Roberto Varela afirmou que “con este acordo, nos imos a asumir a parte que corresponde do Proxecto do Parador de Turismo de Muxía e Turespaña comprométese a levar a bo termo o resto do proxecto, que é finalizar o parador”.

O titular do departamento de Cultura catalogou a reunión de traballo como “unha boa noticia e un bo resultado”. Asemade o conselleiro mostrou a súa ledicia porque “o merece a Costa da Morte” e advertiu que non se debería “paralizar un proxecto por un asunto que se fixo mal ata o de agora cando a nosa intención era sacalo adiante cunha opción aceptada por todos e rubricada nunha acta que firmou o director de Turespaña, o alcalde de Muxía e eu mesmo”.

O responsable da Consellería estableceu a resolución como “o final feliz a unha historia que naceu torcida pero que finalmente podemos sacar adiante. Nós temos que rematar o proxecto de obra e unha vez que estea supervisado e aprobado Turespaña acometerá a execución da obra”. Por último Roberto Varela cominou que “o encargo arquitectónico debe ser inminente e imos pornos a traballar xa e non podemos perder ningún día máis”.

Concello e Turespaña, satisfeitos

O director xeral de Turespaña manifestou a súa ledicia pola resolución dos problemas e que “desde este momento comeza a ser unha realidade tanxible o parador de Muxía”. Antonio Bernabé catalogou o resultado da reunión como “unha magnífica noticia para toda a comarca” e “unha satisfacción por ver todo resolto”.

O alcalde de Muxía transmitiu o seu agrado ao conselleiro e ao director de Turespaña asegurando que para el “é un día de ledicia e satisfacción. O parador comeza a ser unha realidade constatada por escrito grazas ao interese de todos os implicados”. 

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com