Inicio  >  Sociedad  >  Turismo  >  FITUR 2010

Roberto Varela confirma que o gasto do Xacobeo en Santiago será superior aos 11,8 millóns de euros

redacción GECG - 21/1/2010
Roberto Varela confirma que o gasto do Xacobeo en Santiago será superior aos 11,8 millóns de euros
Roberto Varela con Xerardo Conde Roa, en FITUR. O conselleiro de Cultura e Turismo confirmou unha distribución do gasto para a capital galega no desenvolvemento dun programa cultural, cifrado en 9 millóns; a firma de convenios con diferentes entidades da cidade, cifrados en 1,5 millóns; e patrocinios de equipos deportivos da cidade, cifrado en 1,3 millóns. XUNTA.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, aproveitou na segunda xornada de FITUR a visita do portavoz municipal do PP en Santiago, Xerardo Conde Roa, ao stand de Galicia para informarlle do documento relativo ao gasto na cidade compostelá no ano 2010 presentado onte polo xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, na súa reunión cos representantes do Concello de Santiago.

Roberto Varela explicou ao candidato santiagués que o gasto será superior aos 11.800.000 euros que desde a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinarase á cidade de Santiago, especificado en máis de 40 eventos culturais.

A totalidade da partida que o Xacobeo destinará a Santiago distribuirase no desenvolvemento dun programa cultural específico para a cidade de Santiago, cifrado en 9 millóns; a firma de diversos convenios con diferentes entidades da cidade como as Concellerías de Cultura e Festas do Concello de Santiago, o Consorcio de Santiago, o Arcebispado e o Cabildo da Catedral, cifrados en 1,5 millóns de euros; e en varios patrocinios de equipos deportivos da cidade entre os que destacan o club de baloncesto Obradoiro e o Lobelle Fútbol Sala, cifrado en 1,3 millóns de euros.

70% de programación Xacobea

A programación cultural a desenvolver en Santiago de Compostela conta con máis de 40 eventos culturais pechados aos que se sumarán aqueles que se vaian concertando ao longo do ano. Entre eles destaca o programa de patrocinios de congresos que reflictirá un 70% do orzamento total para toda Galicia. Desde xaneiro ata decembro, na capital galega, poderase participar nunha gran cantidade de actos ligados á celebración do Xacobeo 2010, entre eles destacan os eventos musicais, deportivos e culturais.

Aos eventos xa realizados como Cancións por regalos, Francisco Leiro e o Códice Calixtino, XIII Premio Internacional Luis Valtueña ou as actuacións no ámbito do Xacobeo Classics de Vivica Genaux e a Orquestra Giovanile Cherubini, sumaranse a partir de febreiro, eventos da envergadura de actuacións como Cecilia Bartoli, o Circo do Sol, a Orquestra Sinfónica de Galicia e Orfeón Donostiarra, Lang Lang, Zubin Metha, Mark Knofler, Vasily Petrenko, Angelina Kirchlager, a Real Filharmonía de Galicia ou o Festival MTV Galicia-Monte do Gozo, onde daranse cita artistas de primeiro nivel e que será retransmitido a todo o mundo.

A maiores destas programacións ligadas ao Camiño da Música, terán lugar en Santiago outros eventos como as exposicións de fotografía de Cándida Höffer, Pierre Gonnord, Cristina García Rodero ou Manuel Valcárcel. A Carreira da Muller, o Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, a Ruta Quetzal, a compañía de danza Merce Cunningham, ou a Exposición Santiago e Europa, a historia de Diego Xelmírez completan unha oferta multidisciplinar, variada e para todos os gustos.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com