A Fundación Galicia Europa (FGE), entidade dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convoca unha liña de axudas a entidades galegas e catro bolsas de estudos de especialización en centros universitarios situados en Bélxica, segundo recolle edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia (DOG).
As axudas a entidades galegas están destinadas a realización de actividades destinadas a difusión e promoción da idea da integración europea durante o ano 2010; e dicir, realización de cursos, seminarios, congresos, xornadas, proxectos, publicacións e outras actividades de natureza semellante. Non obstante, non poderán acollerse aquelas propostas cuxa actividade principal consista nunha viaxe.
Poderán solicitar as axudas as persoas xurídicas, de dereito público ou privado, sen ánimo de lucro e con sede en Galicia. O financiamento das axudas efectuarase cunha dotación global de 25.000 euros.
Estudos de integración europea
Doutra banda, das catro bolsas que a FGE convoca para a realización de estudos de especialización na Unión Europea durante o curso 2010-2011, unha será para o Colexio de Europa e as outras tres para o Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), a Universidade Católica de Lovaina -a -nova (UCL) e a Universidade Católica de Lovaina (KUL).
Entre outros requisitos, os candidatos teñen que ter realizados os seus estudos universitarios completos de segundo ciclo, obtido o título nos últimos 5 anos e ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
As bolsas estarán dotadas coa cantidade de 26.000 euros para o Colexio de Europa e 13.000 para o resto dos centros. A data límite de presentación das solicitudes para as catro becas será o 28 de febreiro de 2010.
As bases completas tanto da concesión de axudas a entidades como das bolsas para a realización estudos en centros universitarios europeos pódense consultar na páxina web www.fundaciongaliciaeuropa.eu, así como nas oficinas de Santiago de Compostela e Bruxelas
.